Xoán Biclarense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xoán Biclarense (Iohannes Biclarensis, en latín), nado cara o ano 540 probablemente en Lusitania e finado cara o ano 621, foi un eclesiástico, bispo de Xirona e autor dunha curta crónica dos anos 567 ata cara o 590 de interese nos tempos da conversión dos visigodos do arianismo, herexía do cristianismo, ao catolicismo.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado en Scallabis (nome romano de Santarém) na Lusitania baixo control visigodo durante o reinado de Teudis. Polos anos 558-560 foise à Constantinopla para estudar para unha longa estadía de máis de dez anos.

Contribuíu na controversia dos Tres capítulos que rematou con un cisma no segundo concilio ecuménico de Constantinopla (553) dándolle paso a fundación do Patriarcado de Aquilea como entidade independente nos vindeiros anos.

Segundo Isidoro de Sevilla, cando volveu a Hispania, cara o ano 576, non quixo integrarse na igrexa oficial ariana do reino visigodo durante o reinado de Leovixildo.

Á morte do rei, no ano 586, funda un mosteiro (mosteiro Biclarum), probablemente na rexión de Tarragona e redáctalle regras propias, non atopadas polos historiadores (agosto 2011).

Recaredo I converteuse ao catolicismo e nomeou a Xoán Biclarense bispo de Xirona. Logo sábese que participa en varios concilios da Igrexa Católica.

A partir de 589, ano do Terceiro Concilio de Toledo, comeza a redacción dunha crónica.

O Chronicon[editar | editar a fonte]

Xoán Biclarense escribiu o Chronicon ( Cronicón Biclarense ) aproximadamente entre os anos 589 e 591 [1]. Relata eventos acontecidos dende 567 ata cara 590, polo tanto cubre o reinado de Leovixildo e o comezo do reinado de Recaredo I, sendo así unha fonte para os historiadores sobre a historia do cristianismo arredor do Terceiro Concilio de Toledo, no cal o reino visigodo abandonou oficialmente o arianismo. Abarca tamén eventos que coñeceu na súa estancia en Constantinopla e sobre a cristianización dos Garamantes, antigo pobo nómade que andaba polos territorios de Libia e do Cordal do Atlas no nordeste de África.

Escrito en latín o Chronicon segue as achegas de cronistas como Próspero de Aquitania, Victor Tonnenensis (tamén bispo da diocese africana de Tunnuna que corresponde a provincia romana), no tocante ó concepto de crónica universal e tamén no uso en escritos históricos da datación da era cristiá para a cronoloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Christophe Picard, Michel Zimmermann, Michel Kaplan - Histoire médiévale. Le Moyen Âge IV-X siècle - Breal - 2000 - ISBN 978-2853947312

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Juan de Biclaro, Obispo de Gerona. Su vida y su obra. Introduccion, Texto critico y comentarios por Julio Campos, (Consejo Superior de Investigationes Cientificas, Escuela de Estudios medievales, Estudios Vol. XXXII) Madrid 1960.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]