Xerga
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xiria")
As xergas ou xirias son unha linguaxe falada propia de determinados oficios tradicionais, de carácter esotérico ou críptico (só coñecida polos membros do grupo) que a utiliza para se diferenciar e afirmar como grupo así como para evitar ser comprendido polos demais.
Nestas linguas mestúranse palabras galegas propias cun significado modificado, neoloxismos e deformacións. Sempre foron transmitidas por vía oral e só na primeira metade do século XX comezaron a ser rexistradas por escrito.
Algunhas xergas [editar]
Na lingua galega existen varias xirias profesionais que reciben o nome de verbos, verbas ou latíns e que están en proceso de desaparición.
- Barallete: xerga dos afiadores e paragüeiros, de Nogueira de Ramuín.
- Xerga dos cesteiros: Mondariz.
- Latín dos chafoutas: xerga dos albaneis de Goián (Tomiño).
- Verbo dos arxinas: xerga dos canteiros, da Terra de Montes.
- Fala dos cabaqueiros ou verbo daordes: xerga dos telleiros do Rosal (Pontevedra).
- Fala dos bugardeiros: xerga dos cesteiros de Mondariz.
- Lafrada: fala dos albaneis de Bueu.
- Fala dos ingreiros: xerga dos músicos de Celanova.
- Barallete dos grañudos: falado polos vendedores ambulantes da Graña (Covelo).
- Garisma: latín dos cegos galegos.
Véxase tamén [editar]
Dicionario de dicionario de xirias