Xemelgas Tolmachevy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xemelgas Tolmachevy
Orixe Kursk, Rusia Flag of Russia.svg
Período 2006 - actualidade
Xénero(s) Pop, Infantil
Membros

Anastasiya Tolmachevy

María Tolmachevy

Anastasiya Tolmachevy e María Tolmachevy (Анастасия и Мария Толмачевы, nadas o 14 de xaneiro de 1997) son dous xemelgas e cantantes rusas. Aos 9 anos gañaron o Festival de Eurovisión Junior 2006 en Bucarest, Romanía, coa canción Vesenniy jazz (Весенний Джаз, Jazz de primavera).

Festival de Eurovisión Junior 2006[editar | editar a fonte]

Su canción foi seleccionada entre 200 bandas e cantantes de toda Rusia para representar a Rusia no Festival de Eurovisión Junior 2006. Na final nacional, o 4 de xuño de 2006 foron elexidas entre os 20 participantes. Finalmente gañaron o Festival de Eurovisión Junior 2006 coa canción Vesenniy jazz con 154 puntos, por delante de Bielorrusia que quedou segunda con 129 puntos.

Festival de Eurovisión 2014[editar | editar a fonte]

O 8 de marzo de 2014 foron elexidas internamente para representar a Rusia no Festival de Eurovisión 2014, en Copenhague coa canción Shine. Será a segunda vez que un cantor do festival junior participe tamén no festival de adultos, como xa fixo Nevena Božović, integrante de Moje 3, que representou a Serbia no Festival de Eurovisión 2013.