Xavier Vinader

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXavier Vinader

Vinader no 2012.
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1947
Sabadell, Cataluña Cataluña
Morte9 de abril de 2015 (68 anos)
Barcelona, Cataluña Cataluña
Causa da mortePneumonía Editar o valor em Wikidata
Presidente Reporteiros Sen Fronteiras
1990 – 1993 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSabadell Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscuela Oficial de Periodismo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónXornalista
EmpregadorCOM Ràdio (en) Traducir (2003–2003)
Interviú (pt) Traducir (1978–1998)
El Correo Catalán (pt) Traducir (1975–1975)
El Temps Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm2604678 Editar o valor em Wikidata

Xavier Vinader Sánchez, nado en Sabadell o 17 de febreiro de 1947, e finado en Barcelona o 9 de abril de 2015,[1] foi un xornalista catalán experto en extrema dereita e crime organizado,[2] e que destacou pola loita pola liberdade de expresión.[3]

Biografía[editar | editar a fonte]

Diplomouse na Escola Oficial de Xornalismo no ano 1973, e colaborou co Diari Sabadell, coa Radio Juventud de Sabadell e coas revistas Can Oriach e TS.[4] Foi membro do equipo directivo do grup Zeta dende 1978. Foi presidente internacional da ONG Reporteiros sen Fronteiras até 1993. Foi un dos profesionais que máis investigou o fenómeno terrorista en España. En 1979, escribiu dous artigos na revista Interviú, nos cales explicou, detallando nomes e apelidos, as actuacións de grupos de extrema dereita no País Vasco. Pouco despois, ETA acabou con dous individuos mencionados nos artigos e, en 1981, a Audiencia Nacional de España condenouno a sete anos de prisión por un suposto delito de imprudencia temeraria. Vinader fuxiu ó exilio e non regresou a Cataluña até o 1984. Despois de pasar tres meses no cárcere de Carabanchel, foi indultado polo goberno español.

Como xornalista cubriu, entre outras, a guerra de Afganistán, a Revolución dos caraveis en Portugal e a fin da guerra entre Rusia e a China. É autor de libros e artigos sobre o mundo policial. Colaborou en diferentes diarios e semanarios.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Sabadell, febrero de 1976: una semana de huelga general política[4]
  • Operación lobo: memorias de un infiltrado en ETA (1999)[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morre o xornalista Xavier Vinader ós 68 anos
  2. Cardús i Cardellach, Pere (27 de febreiro de 2012). VilaWeb, ed. "Xavier Vinader: 'L'extrema dreta arriba allà on la gent d'uniforme no pot arribar'". Consultado o 27 de marzo de 2012. 
  3. Es redueixen a un terç les Creus de Sant Jordi del 2007 Arquivado 24 de outubro de 2017 en Wayback Machine. en Directe.cat, 13 de xuño de 2007
  4. 4,0 4,1 La Xarxa (ed.). "Xavier Vinader, medalla de Sabadell al Mèrit Periodístic". Consultado o 9 de abril de 2015. 
  5. Operación lobo: memorias de un infiltrado en ETA Arquivado 10 de novembro de 2013 en Wayback Machine. a Bookfinder.com