Xan Carballa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXan Carballa
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xan Manuel Carballa Alonso, nado en Vigo en 1960, é un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que nado en Vigo en 1960 estudou maxisterio en Ourense.[1] É autor dunha importante coleccións de fotografías do nacionalismo na Transición e ten catalogado un amplo arquivo de imaxes propias. Formou parte do grupo fundador do Obradoiro Galego de Audiovisuais. Comezou a colaborar como fotógrafo en A Nosa Terra a finais de 1977,[2] incorporándose á redacción, como xornalista, en 1982. E 1984 cubriu o regreso a Galiza dos restos de Castelao.[3] Entre 1984 e 1996 coordinou os suplementos monográficos A Nosa Cultura, dedicados aos principais autores da literatura galega, e a colección A Nosa Historia. Posteriormente foi director de Edicións A Nosa Terra (2004-2006) e subdirector do semanario entre 2007 e 2010.[4]

Formou parte da Comisión de Comunicación do Consello da Cultura de 1990 a 2000 e da Comisión Técnica de Novos Medios da mesma institución. Participou regularmente no programa da Televisión Galega “Hai debate” (2005-2009) e foi colaborador habitual do suplemento de cultura Luces que se publicaba semanalmente na edición galega do diario El País.[5] Tamén é editor en Engaiolarte.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras en colaboración[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Veiga Taboada, Manuel (2022-04-07). "Xan Carballa: “Esa idea de que o nacionalismo ten que ser de esquerdas paréceme demasiado simple. O que ten que ser é demócrata”". BiosBardia. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-10. 
  2. "Xan Carballa". A Nosa Terra. Consultado o 2022-04-10. 
  3. "Castelao. O retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa Fotografias". Museo de Pontevedra. Consultado o 2024-04-11. 
  4. "Xan Carballa". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-04-10. 
  5. "Artículos escritos por Xan Carballa". El País (en castelán). Consultado o 2022-04-10. 
  6. "Biografía de Valentín Paz-Andrade Galaxia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-04-10. 
  7. "Valentín Paz-Andrade. Antoloxía Galaxia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-04-10.