Matt Mullenweg
Matthew Charles Mullenweg, nado en Houston, Texas, o 11 de xaneiro de 1984, é un programador estadounidense coñecido por crear o sistema de xestión de contido Wordpress. Por outra banda, creou o servizo de filtrado de spam centralizado Akismet, a compañía Automattic e o servizo de hosting gratuito de blogs WordPress.com.
Traxectoria [editar]
Wordpress [editar]
- Artigo principal: Wordpress.
En xuño de 2002 Matt comenzou a usar o xestor de contidos b2/cafelog para publicar as fotos que sacóu nun viaxe a Washington D.C. para participar na National Fed Challenge. Contribuíu cun pouco de código para arranxar unhas faltas de ortografía e para limpar as ligazóns permanentes.
En xaneiro de 2003, uns meses despois de que o desenvolvemento de b2 finalizara, anunciou[1] no seu blog que iba a crear un fork para actualizalo aos estándares web e modificalo para as súas necesidades. Mike Little falou con él e xuntos crearon WordPress a partir do código fonte de b2. O programador orixinal de b2, Michel Valdrighi, uníuse a eles ao pouco tempo.