William Rose Benét
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Rose Benét, nado o 2 de febreiro de 1886 e finado o 4 de maio de 1950, foi un escritor e crítico literario estadounidense, irmán maior do tamén escritor Stephen Vincent Benét.
Traxectoria [editar]
Naceu en Brooklyn nunha familia de tradición militar, pasou a súa infancia en Bethlehem, Pensilvania, estudou na The Albany Academy en Albany, Nova York e na Universidade de Yale, onde se graduou en 1907. Comezou a editar a Saturday Review of Literature en 1924 e continuou a editala e a escribir nela ata a súa morte. En 1942 levou o Premio Pulitzer de poesía polo poemario autobiográfico The Dust Which Is God (1941). Tamén é autor de The Reader's Encyclopedia (1948), obra de referencia da literatura mundial.
Obras [editar]
- Merchants from Cathay (1913)
- Moons of Grandeur (1920)
- The First Person Singular (1922)
- Flying King of Kurio (1926)
- Golden Fleece (1935)
- With Wings as Eagles (1940)
- The Dust Which Is God (1941)