William Dembski
- Artigo principal: Deseño intelixente.
William Albert "Bill" Dembski, nado o 18 de xullo de 1960, é un matemático, filósofo e teólogo estadounidense, propoñente do deseño intelixente en oposición á teoría da evolución e a selección natural. É autor de varios libros sobre o deseño intelixente, teoloxía e matemática.
Índice |
Traxectoria [editar]
Desde 1999 até 2005, estivo na universidade Baylor Baylor University, donde era obxecto de constante atención e onde mantivo variadas controversias.
Durante o ano académico 2005-06 foi, por pouco tempo, profesor de teoloxía e ciencia do Southern Baptist Theological Seminary en Louisville, Kentucky, e foi o primeiro director do novo Centro para a teoloxía e a ciencia desa universidade (agora ocupa o cargo o coñecido creacionista Kurt Wise). [1] A Southern Baptist Convention traballa nos dous seminarios.
O 1 de xuño de 2006 Dembski comezou o seu labor como profesor de investigación en filosofía no Southwestern Baptist Theological Seminary, en Fort Worth, Texas.
Dembski deu clases na Northwerstern University, na Universidade de Notre Dame na Universidade de Dallas, rematou o seu postdoutorado en matemática no MIT, en física na Universidade de Chicago e en ciencias da computación na de Princeton. Posúe ademais un Ph.D. en filosofía e un mestrado en divinidade polo Seminario Teolóxico de Princeton [2].
Dembski escribiu máis de dez libros, nos que analiza a teoría da evolución e o argumento do deseño intelixente, realacionando probabilidades matemáticas, aleatoriedade e causas intelixentes, ademais doutros argumentos.
En función do crecente interese público polo tema do deseño intelixente, Dembski asumiu a condición informal de ser un dos portavoces sobre este asunto, alcanzando unha relativa popularidade pola súa participación en programas de radio e pola publicación de varios dos seus escritos[2].
De acordo con Dembski, o estudo científico da natureza revela evidencias de deseño, opoñéndose ao que entende que é un compromiso co materialismo "ateísta" ou naturalismo da ciencia, que pensa que descarta a priori o "deseño intelixente".
A súa principal proposta é que a complexidade especificada, un tipo de información, é a marca rexistrada dun deseñador intelixente.
Gran parte da comunidade científica rexeita as súas ideas, e moitas importantes organizacións científicas e de educación científica, incluíndo a National Academy of Sciences (Academia Nacional de Ciencias), a American Association for the Advancement of Science (Asociación Americana para o Progreso da Ciencia) e a National Science Teachers Association (Asociación Nacional de Profesores de Ciencias), rexeitan o deseño intelixente, declarando que non é ciencia, que non ten garantías científicas, polo que a consideran como pseudociencia; ademais, o seu traballo foi cualificado polo matemático David H. Wolpert como "escrito en xelatina". E o matemático, científico computacional e teórico dos números Jeffrey Shallit, ex-profesor de Dembski, presentou, nun testemuño escrito para un tribunal, un relatorio afirmando que o traballo de Dembski non debe ser tomado como significativo.
Publicacións [editar]
- Signs of Intelligence: Understanding Intelligent Design, William A. Dembski e James M. Kushiner, Brazos Press
- Uncommon Dissent: Intellectuals Who Find Darwinism Unconvincing, William A. Dembski, ISI Books
- The Design Inference: Eliminating Chance through Small Probabilities, Cambridge University Press
- No Free Lunch, Rowman & Littlefield Publishers
- Can Intelligent Design Be Detected in Biology? - Debate na UCLA (DVD) William A. Dembski e Niall Shanks.
- The Design Revolution. Answering the toughest questions about Intelligent Design, InterVarsity Press, 2004.
Notas [editar]
- ↑ Creationist to will lead seminary science center Peter Smith. The Courier-Journal, April 17, 2006 (article available for a fee at The Courier-Journal archive)
- ↑ 2,0 2,1 Biografa
Bibliografía [editar]
- Are We Spiritual Machines?: Ray Kurzweil vs. the Critics of Strong A.I. by Jay W. Richards, George F. Gilder, Ray Kurzweil, Thomas Ray, John Searle, William Dembski, Michael Denton. Discovery Institute. ISBN 0-9638654-3-9
- "The Chance of the Gaps". In Neil Manson, ed., God and Design: The Teleological Argument and Modern Science. (London: Routledge, 2002), 251–274.
- Debating Design: From Darwin to DNA. William A. Dembski and Michael Ruse (eds) ISBN 0-521-82949-6
- The Design Inference: Eliminating Chance through Small Probabilities. Cambridge: Cambridge University Press, 1998. ISBN 0-521-62387-1
- The Design of Life: Discovering Signs of Intelligence in Biological Systems. (biology textbook co-authored with Michael Behe, Jonathan Wells, Percival Davis, and Dean Kenyon). Dallas: Foundation for Thought and Ethics, expected 2007.
- The Design Revolution: Answering the Toughest Questions about Intelligent Design. Downer's Grove, Illinois: InterVarsity Press, 2004. ISBN 0-8308-2375-1
- Intelligent Design: The Bridge between Science and Theology. Downer's Grove, Illinois: InterVarsity Press, 1999. ISBN 0-8308-2314-X
- Mere Creation. Downer's Grove, Illinois: InterVarsity Press, 1998. ISBN 0-8308-1515-5
- Moral Darwinism: How We Became Hedonists ISBN 0-8308-2666-1
- No Free Lunch: Why Specified Complexity Cannot Be Purchased without Intelligence. Lanham, Md.: Rowman & Littlefield, 2002.
- "Science and Evidence for Design in the Universe", Proceedings of the Wethersfield Institute, vol. 9 (coauthored with Michael J. Behe and Stephen C. Meyer). San Francisco: Ignatius Press, 2000. ISBN 0-89870-809-5
- Signs of Intelligence: Understanding Intelligent Design. William A. Dembski, James M. Kushiner, 2001. ISBN 1-58743-004-5
- Unapologetic Apologetics: Meeting the Challenges of Theological Studies. William A. Dembski, Jay Wesley Richards. Downer's Grove, Illinois: InterVarsity Press, 2001. ISBN 0-8308-1563-5
- What Darwin Didn't Know (2004) ISBN 0-7369-1313-0
Edicións en castelán [editar]
- Dembski, William A.. Diseño inteligente. ISBN 978-84-935182-4-0.
Véxase tamén [editar]
- Caso Kitzmiller
- Complexidade irredutíbel
- Creacionismo
- Deseño intelixente
- Discovery institute
- Estratexia da cuña
Ligazóns externas [editar]
- Uncommon Descent Blog mantido por William Dembski (en inglés)
- Access Research Network Páxina de William Dembski no ARN (en inglés)
- Design Inference — sitio web de Dembski, contén artigos (en inglés)
- ISCID - William Dembski (en inglés)