Michael Behe
Michael J. Behe, nado en Altoona (Pennsylvania) o 18 de xaneiro de 1952, é un bioquímico estadounidense, defensor do deseño intelixente. Profesor de bioquímica na universidade Lehigh University en Pennsylvania, é un senior fellow do Center for Science and Culture do Discovery Institute. Defende a idea de que existen algunhas estruturas demasiado complexas no nivel bioquímico que non se poden explicar como o resultado dos mecanismos da evolución.
Foi quen desenvolveu o concepto de "complexidade irredutíbel" (Irreducible Complexity) como un "un sistema individual composto de varias partes ben coordinadas que interaccionan para desempeñar a función básica deste, de modo que se se eliminara calquera desas partes o sistema deixaría de funcionar por completo" [1].
O postulado de Behe sobre a complexidade irredutíbel de estruturas celulares claves tivo unha forte oposición na comunidade científica. O testemuño de Behe no caso Kitzmiller (Kitzmiller v. Dover Area School District) é citado extensamento polo xuíz[2][3][4][5] na súa decisión de que o deseño intelixente non é ciencia, senón esencialmente relixión na súa natureza.[6] O Departamento de Ciencias Biolóxicas da Universidade Lehigh publicou unha declaración coa súa posición oficial na que sinala[7]:
Índice |
Traxectoria [editar]
Behe criouse en Harrisburg, Pennsylvania, onde asistiu á St. Margaret Mary's Parochial School e graduouse na Bishop McDevitt High School[8][9]. Estudou na Drexel University, titulándose en 1974 en Ciencia con mención en química (Bachelor of Science). Obtivo o PhD en bioquímica na University of Pennsylvania en 1978. Entre 1978 e 1982 fixo estudos de post-doutorado na estrutura do ADN no National Institutes of Health. Entre 1982 e 1985 foi profesor asistente en química en Queens College en New York, onde coñeceu á súa esposa, Celeste. En 1985 mudouse a Lehigh University, onde actualmente é catedrático de bioquímica.
Inicialmente o profesor Behe aceptaba os conceptos da teoría xeral da evolución, pero despois da lectura do libro de Michael Denton, Evolución, unha teoría en crise, pasou a cuestionar a teoría darwinista. Máis tarde, Behe chegou a crer que había evidencias, no nivel molecular, de que os sistemas biolóxicos son "irredutibelmente complexos". Estes sistemas non poderían evolucionar pola selección natural, e si proxectados por un "deseñador intelixente", que o levaron a entender que a única explicación posíbel e alternativa á teoria xeral da evolución para a existencia de tales estruturas era a actuación dun proxectista con propósitos racionais e finalísticos.
A partir da publicación do seu libro A caixa negra de Darwin gañou fama entre os partidarios da teoría do deseño intelixente, xa que a obra daba voz pública a estudosos creacionistas que poñían dúbidas aos fundamentos da teoría de Charles Darwin, especialmente contra o éxito entre o público leigo alcanzado pola obra de Darwin.
No obstante a contundencia das manifestacións da comunidade científica, maioritariamente ao lado da teoria darwinista, o bioquímico mantívose firme, sempre tratando de dar carácter científico ao tema (non trata en termos académicos sobre a identidade do proxectista intelixente e non descarta o concepto do antepasado común). Para demostrar a súa firme convicción sobre o asunto publicou recentemente a edición que conmemora os dez anos da súa tese: Darwin's Black Box, 10th Anniversary Edition.
Neste libro Behe afirma que "unha década despois da publicación de A caixa negra de Darwin, o argumento creacionista a favor do deseño intelixente é máis forte que nunca. A pesar da oposición dos científicos, entre os creacionistas o argumento do libro a favor do deseño permanece". Chega mesmo a dicir que "as perspectivas futuras de éxito do deseño son excelentes, porque se apoian non en preferencias de calquera persoa ou de calquera grupo, senón en datos. O ascenso da hipótese do deseño intelixente non se debe a nada que eu ou calquera outro individuo escribira ou dixera, senón ao grande avance da ciencia en entender a vida".
Obra [editar]
Artigos en revistas [editar]
- Estrutura do ADN
- Behe MJ, Felsenfeld G, Szu SC, Charney E (February 1985). "Temperature-dependent conformational transitions in poly(dG-dC) and poly(dG-m5dC)". Biopolymers 24 (2): 289–300. DOI:10.1002/bip.360240202. PMID 3978220.
- Behe MJ (March 1986). "Vacuum UV CD of the low-salt Z-forms of poly(rG-dC).poly(rG-dC), and poly(dG-m5dC).poly(dG-m5dC)". Biopolymers 25 (3): 519–23. DOI:10.1002/bip.360250310. PMID 3754471.
- Behe MJ (December 1987). "The DNA sequence of the human beta-globin region is strongly biased in favor of long strings of contiguous purine or pyrimidine residues". Biochemistry 26 (24): 7870–5. DOI:10.1021/bi00398a050. PMID 3427110.
- Behe MJ, Beasty AM (1991). "Co-polymer tracts in eukaryotic, prokaryotic, and organellar DNA". DNA Seq. 1 (5): 291–302. PMID 1799681.
- Behe MJ (February 1995). "An overabundance of long oligopurine tracts occurs in the genome of simple and complex eukaryotes". Nucleic Acids Res. 23 (4): 689–95. DOI:10.1093/nar/23.4.689. PMC 306739. PMID 7899090. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=306739.
- Behe MJ (1998). "Tracts of adenosine and cytidine residues in the genomes of prokaryotes and eukaryotes". DNA Seq. 8 (6): 375–83. PMID 10728822.
- Estrutura das proteínas
- Behe MJ, Englander SW (July 1978). "Sickle hemoglobin gelation. Reaction order and critical nucleus size". Biophys. J. 23 (1): 129–45. DOI:10.1016/S0006-3495(78)85438-1. PMC 1473549. PMID 667302. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=1473549.
- Behe MJ, Englander SW (September 1979). "Mixed gelation theory. Kinetics, equilibrium and gel incorporation in sickle hemoglobin mixtures". J. Mol. Biol. 133 (1): 137–60. DOI:10.1016/0022-2836(79)90254-7. PMID 93643.
- Behe MJ, Englander WS (September 1979). "Quantitative assessment of the noncovalent inhibition of sickle hemoglobin gelation by phenyl derivatives and other known agents". Biochemistry 18 (19): 4196–201. DOI:10.1021/bi00586a025. PMID 486417.
- Behe MJ, Lattman EE, Rose GD (May 1991). "The protein-folding problem: the native fold determines packing, but does packing determine the native fold?". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 88 (10): 4195–9. DOI:10.1073/pnas.88.10.4195. PMC 51625. PMID 2034665. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=51625.
- Evolución
- Behe MJ (October 1990). "Histone deletion mutants challenge the molecular clock hypothesis". Trends Biochem. Sci. 15 (10): 374–6. DOI:10.1016/0968-0004(90)90231-Y. PMID 2251727.
- Behe MJ, Snoke DW (October 2004). "Simulating evolution by gene duplication of protein features that require multiple amino acid residues". Protein Sci. 13 (10): 2651–64. DOI:10.1110/ps.04802904. PMC 2286568. PMID 15340163. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=2286568.
Libros [editar]
- Darwin's Black Box. Free Press, 1996. ISBN 0-684-83493-6. Ver Copia escaneada (non inclúe todas as páxinas) en Google books
- Science and Evidence for Design in the Universe (Proceedings of the Wethersfield Institute), September 25, 1999. ISBN 0-89870-809-5
- The Edge of Evolution. Free Press, June 2007. ISBN 0-7432-9620-6
Vídeos [editar]
- Flock of Dodos. New Video, (2007) ISBN 0-7670-9819-6
- Intelligent Design: From the Big Bang to Irreducible Complexity
- Irreducible Complexity: The Biochemical Challenge to Darwinian Theory
- Unlocking the Mystery of Life 2002
- Where Does the Evidence Lead? 2004
- Michael Behe on Colbert Report 2007
Notas [editar]
- ↑ Behe, Michael J. (2000). La caja negra de Darwin: el reto de la bioquímica a la evolución. Editorial Andrés Bello.
- ↑ s:Kitzmiller v. Dover Area School District/2:Context#Page 28 of 139
- ↑ s:Kitzmiller v. Dover Area School District/4:Whether ID Is Science#Page 68 of 139
- ↑ s:Kitzmiller v. Dover Area School District/4:Whether ID Is Science#Page 70 of 139
- ↑ s:Kitzmiller v. Dover Area School District/4:Whether ID Is Science#Page 79 of 139
- ↑ s:Kitzmiller v. Dover Area School District/6:Curriculum, Conclusion
- ↑ Department Position on Evolution and "Intelligent Design", Lehigh Department of Biological Sciences
- ↑ Scientific Orthodoxies; Godspy Magazine, 2004. Acceso: 15-01-2007 (en inglés).
- ↑ Ficha en Soylent Communications; Acceso: 15-01-2007 (en inglés)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Biografía en la Universidad Lehigh (en inglés)
- Blog de Behe en Amazon (en inglés)
- Sociedad Internacional sobre Información de la Complejidad y el Diseño International Society for Complexity Information and Design (en inglés)
- Michael Behe's Home Page (en inglés)
- Entrevista co Dr. Michael Behe (en inglés)