Wikipedia:Votacións para borrar/Aguas de Mondariz
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Aguas de Mondariz[editar a fonte]
A entrada do artigo é unha tradución directa da web de Augas de Mondariz. Outras partes do artigo parecen tamén copias, pero non o podo confirmar. Fixádevos na frase "Cada ano, 00Aguas de Mondariz Fuente del Val00 envasa máis de 98 millóns de litros", con ese dobre cero que reflicte un símbolo da fonte que non pasou á copia.
A sección "A Empresa" contén datos de cifras de negocio, cantidades producidas e número de empregados. Estes datos non se sabe a que ano corressponden, estarán sempre desactualizados e non hai referencia que os xustifique: a única referencia do artigo é a propia web da empresa e alí non se dan estes datos.
Na sección "Historia" volve a haber datos non referenciados (distribución en 30 países, empregos e cifra de negocios) e descontextualizados ("colabora co actual alcalde de Mondariz-Balneario", ¿actual, cando?).
Na sección "Honras" emprega unha redacción non enciclopédica ("recibiu numerosas honras das que destacamos: o premio de Crystal Taste Award 2011") e non xustifica quen nin por que descata ese premio. Na web da empresa menciona moitos máis recoñecementos.
- Borrar
- Borrar. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de outubro de 2015 ás 19:44 (UTC)[responder]
- Borrar. E supoño que podía ser de borrado directo. --Atobar (conversa comigo) 24 de outubro de 2015 ás 20:08 (UTC)[responder]
- Borrar. --Xas (conversa) 24 de outubro de 2015 ás 21:26 (UTC)[responder]
- Borrar. ☣Banjo tell me 25 de outubro de 2015 ás 23:37 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2015 ás 10:32 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. É unha empresa importante, creo que deberiamos melloralo en lugar de propoñer o seu borrado sen máis. Penso que non é a solución poñerse a borrar artigos que presentan eivas... o artigo ten o marcador de "atención" hai xa tres anos e non houbo problema ata agora (coincidindo coa malla), en lugar de borralo deberiamos propoñernos ir mellorándoo aínda que sexa aos poucos. Se hai tres anos que presenta este problema ben podemos esperar un pouco máis e solucionalo en lugar de borralo, se cadra deberiamos darlle prioridade. Eu se esperades uns meses me poño con el, mais agora teño outras cousas. --Piquito (conversa) 26 de outubro de 2015 ás 21:00 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Piquito, eu penso que o artigo non paga a pena tal e como está, parte é copiado, outra parte non ten referencias e o resto ten máis erros, acábase antes empezándoo de novo que amañándoo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 00:05 (UTC)[responder]
- Comentario Os artigos copyvio son de borrado rápido, non de mellora. O copyvio non pode quedar no historial. --. HombreDHojalata.conversa 28 de outubro de 2015 ás 12:54 (UTC)[responder]