Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Obama and Biden await updates on bin Laden.jpg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ficheiro:Obama and Biden await updates on bin Laden.jpg[editar a fonte]
Votación PECHADA: rexeitada
Período de votación: 24-04-2015 - 24-06-2015
SI: 1 — NON: 4 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitada |
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2015 ás 22:49 (UTC) (Período de votación: dende o 24-04-2015 ata, polo menos, o 09-05-2015)[responder]
- Información: Creada por: Pete Souza
- DESCRICIÓN: Barack Obama recibindo información en directo da misión contra Osama bin Laden. Vexa o artigo Premio Nobel da Paz. --Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2015 ás 22:49 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2015 ás 22:49 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo -- Nada persoal, unha porque non me agrada moito a imaxe en sí, e outra porque o seu momento xa case que pasou. Sí que foi unha foto moi difundida no seu momento, é dificil que os yankees deixen publicar este tipo de imaxes. ☣Banjo tell me 29 de abril de 2015 ás 20:33 (UTC)[responder]
- Discordo USA propaganda ... --Alchemist-hp (conversa) 30 de abril de 2015 ás 06:12 (UTC)[responder]
- Discordo. Non che me acaba de convencer. Síntoo. --Chairego apc (conversa) 30 de abril de 2015 ás 11:20 (UTC)[responder]
- Discordo. A imaxe ten importancia histórica, mais (1) non é unha imaxe de especial calidade ou interese, e (2) está "pasada". --Norrin (Fálame) 13 de maio de 2015 ás 06:42 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro. A imaxe é de importancia histórica, porén non creo que dirixir ao artigo Premio Nobel da Paz sexa atinado, xa que estaba a recibir novas dunha operación para matar a unha persoa... é canto menos irónico. Se cambiamos a descrición podo apoiar a proposta, aínda que seguro que hai fotos mellores de Obama. Piquito (conversa) 29 de abril de 2015 ás 20:42 (UTC)[responder]
- Neutro. Estou totalmente dacordo co que di Piquito. --AMPERIO (conversa) 30 de abril de 2015 ás 13:36 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario: Sorpréndeme a proposta. Cando eu estaba máis activo, prohibíaseme propor fotos de persoas vivas e politicamente ou culturalmente implicadas porque a Galipedia non podía tomar partido. Pregunta: Dado o posicionamento en todos os lugares do mundo deste político, procede realmente que estea en portada?-- Lmbuga / Conversa comigo 29 de abril de 2015 ás 19:42 (UTC)[responder]
- Voume entrometer só un pouquiño :) Non podo comentar sobre o primeiro que comentas, non teño detalles, supoño que fose o que fose pasou mentres non estaba activo. Sobre se procede, pois tivo unha gran repercusión no seu momento e saíu en tódolos medios. Independientemente do posicionamento do/s político/s en cuestión, son persoeiros moi coñecidos nunha situación moi particular e moi difundida. Se o resultado da votación é positivo non vexo porqué non poda proceder a estar en portada, non creo que por iso tomemos partido en nada. ☣Banjo tell me 29 de abril de 2015 ás 20:33 (UTC)[responder]
- Comentario Puxen a ligazón a Premio Nobel da Paz á mantenta para que contraste máis co tema da foto, porque é realmente o impactante Piquito :). Sobre se xa pasou a súa época..., máis posou a época de centos doutras imaxes, a época non ten que ter unha relación obrigatoria para que se escolla unha imaxe. Esta pode saír agora na Galipedia porque apareceu e foi escollida, simplemente. Igual que pode saír unha imaxe de Napoleón :)
- Sobre se a Galipedia toma partido ó propor esta foto? Non o vexo tan claro, son feitos coñecidos publicamente, o que si se pode pensar é que o pé está feito con retranca, pero eu non entendo que se tome partido por ninguén. Pode cambiarse o pé polo que mellor vexades, que tampouco pasa nada, a imaxe ten valor por si mesma.
- Sobre o tema de imaxes de persoas vivas na portada, penso que este é un caso aparte porque esta imaxe ten unha historia propia, e aínda que saen varias persoas recoñecibles nela ese non é o "centro" do tema senón a situación e a relevancia da mesma. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2015 ás 00:46 (UTC)[responder]
- Comentario Alchemist-hp, the photo could be USA propaganda, but it's use here is the opposite because the caption relates the murder of Ben Laden and at same time links to Nobel Price Medal of Peace, a WTF! ;) Bye, --Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2015 ás 07:33 (UTC)[responder]
- Comentario. Elisardojm, non teño claro que unha enciclopedia sexa o mellor lugar onde facer "retranca", non somos un semanario satírico, somos unha enciclopedia (algo que a xente considera serio, aínda que poda haber artigos insólitos que resulten humorísticos) A min a imaxe visualmente non me encanta, xa que a parte superior esquerda está queimada, na parte inferior esquerda hai un anaco de cabeza, a cara do home da camisa branca paréceme un tanto desenfocada ou falta de nitidez... sorprende que sexa featured picture na Wikipedia en inglés, non é de calidade, é valiosa pero non de calidade... creo que o valor en si da imaxe é o momento, por eso creo que pode ir á portada malia ter unha calidade notablemente máis baixa que outras imaxes que temos destacados, para min o problema reside en a que ligamos esta imaxe, xa que non debemos facer retranca porque somos serios, non podemos ligar a Guerra contra o terrorismo porque é tomar partido... poderiamos ligar a Presidentes dos Estados Unidos de América (forzado), a Integrismo islámico ou a Al-Qaida, pero tampouco creo que convenzan moito. Un saúdo!! Piquito (conversa) 30 de abril de 2015 ás 09:37 (UTC)[responder]
- Solución! Traducir o artigo da Wikipedia en inglés (artigo bo) en:Death of Osama bin Laden e poñer no pé da imaxe:"Barack Obama recibindo información en directo da misión contra Osama bin Laden. Vexa o artigo Morte de Osama bin Laden". Creo que así pode quedar relativamente ben. Piquito (conversa) 30 de abril de 2015 ás 10:03 (UTC)[responder]