Wikipedia:Guía/Páxinas de conversa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Wikipedia!

Contidos de axuda: Referencia rápida · Preguntas máis frecuentes · Glosario · Pide axuda · Guía

Páxina de inicio   Edición   Formato   Ligazóns internas   Citar as fontes   Páxinas de conversa   Ten en conta   Rexistro   Resumo    

As páxinas de conversa son unha característica clave da Wikipedia, xa que ofrecen a posibilidade de conversar e debater acerca dos contidos e dos problemas dun artigo cos demais wikipedistas. Porén, non se deben usar como se fosen chats, foros ou blogues onde expoñer teorías non referenciadas.

Se tes unha pregunta, dúbida ou comentario relacionado coa mellora do artigo, engade unha nota na páxina de conversa do artigo e non no artigo en si. Podes facelo premendo sobre a lapela "conversa" que aparece no canto superior da páxina. Non te preocupes se a ligazón é vermella, só quere dicir que aínda ninguén escribiu nela antes ca ti.

Ao publicares un novo comentario, engádeo á fin da páxina de conversa. A excepción é ao responderes á observación de alguén, entón teralo que pór embaixo do seu. Podes obter sangría inserindo dous puntos (:) ao comezo da liña.

Debes asinar todos os teus comentarios escribindo ~~~ para o teu nome de usuario ou ~~~~ para o teu nome de usuario coa data e hora. Deste xeito, ao gardares a páxina, a túa sinatura inserirase automaticamente. O mellor é usar as sinaturas con data e hora dado que fai máis doado o seguimento da conversa. Por comodidade, existe o botón na barra de ferramentas de edición que permite introducir automaticamente "--~~~~".

Podes obter un nome de usuario creando unha conta (é gratuíto ao 100%). Se aínda non tes ningunha conta ou se xa a tes pero non accediches a ela, almacenarase o enderezo IP do teu ordenador nos rexistros.

Páxina de conversa de usuario

Cada colaborador ten a súa propia páxina de conversa onde os demais lle poden deixar mensaxes. Isto tamén inclúe aos que non teñen conta. Se alguén che deixou unha mensaxe, verás unha nota de advertencia cunha ligazón á túa páxina de conversa, tal que así:

Ten mensaxes novas (diferenzas coa revisión anterior).

Para contestar só tes que escribir a mensaxe de resposta na páxina de conversa da persoa que se puxo en contacto contigo.

Sangría

A sangría pode axudar a mellorar considerablemente a disposición dunha conversa, facéndoa máis lexible. A práctica estándar é poñer un nivel máis de sangría que a persoa á que respondes. A continuación aparecen varias maneiras de inserir sangría aos comentarios na Wikipedia.

Sangría normal

O xeito máis sinxelo de dar sangría é incluíndo dous puntos (:) ao comezo da liña. Cantos máis poñas, máis sangría terá o texto. Unha nova liña (tecla Intro) marca a fin do parágrafo con sangría.

Por exemplo:

Isto está aliñado completamente á esquerda.
:Isto ten unha lixeira sangría.
::Aquí hai aínda máis sangría.
{{sen sangría|::}} Sen sangría.

Dá como resultado:

Isto está aliñado completamente á esquerda.
Isto ten unha lixeira sangría.
Aquí hai aínda máis sangría.
┌──────┘
Sen sangría.

Asteriscos

Tamén podes usar os asteriscos (*) para crear listas con sangría. Ao igual que cos dous puntos, canto maior sexa o número de asteriscos, máis separado da marxe aparecerá o texto.

Un exemplo:

* Primeiro elemento da lista
* Segundo elemento da lista
** Primeiro elemento da sublista do segundo elemento
* Terceiro elemento da lista

Que se mostrará como:

  • Primeiro elemento da lista
  • Segundo elemento da lista
    • Primeiro elemento da sublista do segundo elemento
  • Terceiro elemento da lista

Elementos numerados

Existe tamén a posibilidade de crear listas numeradas. Para iso, tes que usar o cancelo (#). Isto úsase adoito para as votacións. De novo, pódese elixir a sangría segundo o número de # usados.

Exemplo:

# Primeiro elemento
# Segundo elemento
## Subelemento do segundo elemento
# Terceiro elemento

Que quedará:

  1. Primeiro elemento
  2. Segundo elemento
    1. Subelemento do segundo elemento
  3. Terceiro elemento

Experimenta

Experimenta! Desta volta, no canto de editar a zona de probas, deixa unha mensaxe na páxina de conversa da zona de probas. Lembra asinar o que fagas e que sempre é bo usar o botón "Mostrar a vista previa" para ollar o resultado e comprobar que o formato estea ben.

Proba a crear unha conversa na páxina de conversa da zona de probas

Outras páxinas do proxecto

Ademais das páxinas de conversa, hai outras páxinas que permiten que os wikipedistas se comuniquen e se axuden mutuamente. Estas diferentes zonas se chaman espazos de nomes.

As páxinas do espazo de nomes Wikipedia (tamén coñecido como "espazo de nomes do proxecto") proporcionan información sobre a Wikipedia e como usala.

O contido escrito nunha páxina de modelo mostrarase nos artigos que conteñan a referencia correspondente ao modelo. Por exemplo, o contido escrito no modelo "lixo" aparecerá no artigo no que estea escrita a etiqueta {{Lixo}}.

Todas estas páxinas do proxecto tamén teñen as súas propias páxinas de conversa.

Para obter máis información sobre os espazos de nomes, olla Wikipedia:Espazo de nomes

Continúa a guía coas cousas a ter en conta