Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Atlanta Flames
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Atlanta Flames[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 18-03-2016 - 17-04-2016
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 18 de marzo de 2016 ás 11:48 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 18-03-2016 ata o 17-04-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo sobre unha das dúas franquías que tivo a cidade de Atlanta na NHL, traducido inicialmente do homónimo da Wikipedia en inglés, onde é artigo bo, porén o artigo foi ampliado con outras seccións de interese (sobre o pavillón, logo e equipacións, afiliacións, plantel da última tempada en Atlanta, eleccións na primeira rolda do draft, e adestradores) que o fan máis completo que o desa Wikipedia. O artigo segue a estética dos outros artigos de calidade sobre este tema (o dos Montreal Canadiens e os posibles candidatos Boston Bruins e Calgary Flames) Conta con referencias suficientes, está ben ilustrado (quizais podería engadirse algunha imaxe nas últimas seccións), unha sección de bibliografía para verificar e ampliar contidos, así como unha sección de ligazóns externas con sitios web de interese. Penso que é suficientemente completo, a franquía permaneceu tan só oito anos na NHL e non tivo actuacións moi destacables, non hai moito máis que se poida dicir, penso que todo o importante está no artigo. Moi bo complemento para o posible candidato Calgary Flames. --Piquito (conversa) 18 de marzo de 2016 ás 11:48 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. Ver comentario.--AMPERIO (conversa) 1 de abril de 2016 ás 14:33 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 1 de abril de 2016 ás 16:35 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 5 de abril de 2016 ás 11:48 (UTC)[responder]
- Concordo.--Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2016 ás 07:33 (UTC)[responder]
- Concordo. Piquito (conversa) 16 de abril de 2016 ás 21:57 (UTC)[responder]
# Concordo.--Gobraves (conversa) 5 de abril de 2016 ás 20:26 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
# Agardar. --AMPERIO (conversa) 19 de marzo de 2016 ás 12:00 (UTC)[responder]
- Comentarios
-
- Comentario. Estou sorprendidísimo. Nunca pensei que se puidera chagar a propor para estreliña un artigo cunha soa edición! --. HombreDHojalata.conversa 18 de marzo de 2016 ás 21:54 (UTC)[responder]
- Comentario Piquito aínda hai que darlle unha profunda revisión á ortografía do artigo. Eu acabo de corrixir 6 erros, que creo, son froito dunha edición rápida. Tentarei corrixir algún máis, pero de momento non podo votar a favor deste artigo. --AMPERIO (conversa) 19 de marzo de 2016 ás 12:00 (UTC)[responder]
- Comentario Seguro que non hai outra forma de dicir isto?: penalty minutes, sóame a que está en inglés sen traducir, pero eu non entendo moito de hóckey.--Gobraves (conversa) 20 de marzo de 2016 ás 16:15 (UTC)[responder]
- Gobraves, podería traducirse como "minutos de penalización". É unha expulsión temporal, como ocorre con outros deportes como o hóckey a patíns ou o balonmán (onde recibe o nome de "exclusión"), a expulsión do xogador provoca unha situación de superioridade numérica (power play) do equipo rival... Nas estatísticas aparece sinalado como PIM (do inglés Penalty Infraction Minutes ou Penalties in Minutes) Como é sabido por todos, este deporte non ten presenza en Galiza (non só non hai equipos senón que non é un deporte con seguemento televisivo ou da prensa escrita... todo (ou case) vai ao fútbol, que se lle vai facer) polo que non hai léxico relacionado con este deporte... eu podo poñer "minutos de penalización", pero non creo que deba ser eu quen decida o nome "en galego"... por outra banda, temos o tema dos indicadores estatísticos, que están en inglés e considero que é mellor mantelo que inventar un que "case" coa forma galega, xa que quen queira informarse máis e entre nos sitios web da NHL, hockeydb, KHL, ou calquera equipo encontrará seguramente PIM, Penalty Infraction Minutes ou Penalties in Minutes, polo que chamarlle de outro xeito creo que non ten sentido, e máis aínda cando non hai referencias porque non é un termo empregado en galego. De todos xeitos, se considerades que é mellor traducir o termo podedes traducilo. Un saldo! Piquito (conversa) 20 de marzo de 2016 ás 22:53 (UTC)[responder]
- Comentario Piquito: Non lle falta algo a esta frase: As preocupacións pola escasa afluencia de público podían dar lugar a unha reubicación do equipo saíron á luz en 1976?--AMPERIO (conversa) 21 de marzo de 2016 ás 15:30 (UTC)[responder]
- Isto está ben: logo da caída daWHA?--AMPERIO (conversa) 21 de marzo de 2016 ás 15:33 (UTC)[responder]
- Feiro o primeiro apuntamento (faltaba un "que", pero revisa por se non se entende). Sobre o segundo apuntamento, non sei a que te refires, se ao espacio que faltaba ou a "caída"... A WHA (de World Hockey Association) foi unha liga profesional rival da NHL que finalizou as súas operacións ao fusionarse con esta en 1979 (a iso se refire coa "caída"), o que motivou unha nova expansión da NHL (Oilers, Jets -os orixinais, non os actuais-, Nordiques, e Whalers)... se o problema é a palabra caída podes substituíla por "cesamento", "fusión da WHA coa NHL"... a que consideres. Piquito (conversa) 22 de marzo de 2016 ás 00:25 (UTC)[responder]
- Era o espazo, non sabía se era daWHA un acrónimo ou tratábase dun erro (acrónimos máis raros teño vistos).--AMPERIO (conversa) 22 de marzo de 2016 ás 11:28 (UTC)[responder]
- Feiro o primeiro apuntamento (faltaba un "que", pero revisa por se non se entende). Sobre o segundo apuntamento, non sei a que te refires, se ao espacio que faltaba ou a "caída"... A WHA (de World Hockey Association) foi unha liga profesional rival da NHL que finalizou as súas operacións ao fusionarse con esta en 1979 (a iso se refire coa "caída"), o que motivou unha nova expansión da NHL (Oilers, Jets -os orixinais, non os actuais-, Nordiques, e Whalers)... se o problema é a palabra caída podes substituíla por "cesamento", "fusión da WHA coa NHL"... a que consideres. Piquito (conversa) 22 de marzo de 2016 ás 00:25 (UTC)[responder]
- Non se pode poñer unha referencia na sección Adestradores? É o único parágrafo que carece de referencia. Polo demais penso que o artigo está ben e é completo, e os problemas de ortografía penso que xa foron substancialmente solucionados. O meu problema é que eu non entendo nada dese deporte.--Miguelferig (conversa) 24 de marzo de 2016 ás 21:01 (UTC)[responder]
- Miguelferig, o parágrafo da sección de Adestradores non ten referencia porque é un resumo da táboa que aparece na mesma sección, polo que estimei que non era necesario referenciar o parágrafo, para min iso é poñer referencias por poñer, pero se considerades que é imprescindible por min podedes poñelas tamén no parágrafo, eu non as vexo necesarias pero quen o considere pode copiar as tres da táboa e poñelas tamén no parágrafo. Un saúdo Piquito (conversa) 24 de marzo de 2016 ás 21:23 (UTC)[responder]
- Si, tes razón, non é necesario. É que ao examinar o parágrafo vin que era o único sitio onde faltaba.--Miguelferig (conversa) 24 de marzo de 2016 ás 21:59 (UTC)[responder]
- Comentario Tralos arranxos realizados desde a súa proposta entendo que pode chegar a ser de calidade polos contidos que ten. Se ben é un tema pouco coñecido en España, está ben ter artigos deste tipo para dar maior variedade á calidade deste proxecto do que formamos parte.--AMPERIO (conversa) 1 de abril de 2016 ás 14:33 (UTC)[responder]
- Comentario. Engadín tres imaxes máis en tres seccións: "Capitáns" (McCreary, primeiro capitán do equipo), "Adestradores" (MacNeil, último adestrador en Atlanta e primeiro en Calgary), e "Trofeos" (o Calder, conquistado por dous xogadores dos Atlanta Flames). Piquito (conversa) 8 de abril de 2016 ás 22:16 (UTC)[responder]
- Boeno, en realidade ilustrei algo máis o artigo ao final. Piquito (conversa) 8 de abril de 2016 ás 22:28 (UTC)[responder]