Wikipedia:A Taberna (imaxes)/Arquivo 12

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (imaxes) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15


Petición para que as categorías de Commons poidan poñerse en calquera idioma[editar a fonte]

Por se vos interesa, fixen unha proposta para que se permita en Commons que os nomes das categorías estean en calquera idioma. Se queredes apoiala tedes que ir aquí. Ah, a votación remata o 14 de decembro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de decembro de 2015 ás 22:40 (UTC)[responder]

Ferramenta para atopar imaxes en Commons nos artigos que lle faltan[editar a fonte]

Boas, esta ferramenta atopa imaxes en Commons dos artigos que están nas categorías de "Artigos sen imaxe". Funciona moi ben porque traballa cos datos de wikidata, por iso é moi importante que metamos todos os artigos que non teñan foto na categoría "Artigos en imaxe". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de decembro de 2015 ás 01:20 (UTC)[responder]

Ola. Xa hai algún tempo aportei unha imaxe á galipedia, como a foto era miña e non saían persoas nela, entendo que non hai ningún problema para subila; pero teño a dúbida de no caso de que saia algunha persoa na fotografía que desexo incorporar. Pódese subier sen problema aínda que se identifique claramente a cara da persoa e non poida contar coa súa autorización? Grazas

--Satna (Ti dirás) 21 de abril de 2016 ás 16:31 (UTC)[responder]

Ola Satna. Os dereitos de autoría son da persoa que toma a fotografía. Se ti eres o autor desa fotografía, dita fotografía está sacada nun lugar público, non presenta unha violación da privacidade ou intimidade da persoa ou persoas que saen retratados nela, e non foi publicada anteriormente en ningunha web ou medio de comunicación, entón non hai problema en que a subas á Wikipedia (ou á Commons preferiblemente) baixo unha das licenzas compatibles dispoñibles. Banjo tell me 21 de abril de 2016 ás 17:01 (UTC)[responder]
Boas Satna, a maiores do que di Banjo, para os casos nos que aparecen persoas das que non se ten autorización expresa, e sempre que estean nun lugar ou acto público, en Commons o que se adoita facer é engadir o modelo {{Personality rights}}. Podes ver como queda nesta imaxe. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de abril de 2016 ás 18:39 (UTC)[responder]
Ola, Satna! Graciñas por achegares contidos á Galipedia. Ten en conta tamén que existen restricións cando nas imaxes aparecen persoas menores de idade, pois debe preservarse a súa identidade. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de abril de 2016 ás 21:55 (UTC)[responder]
Eu procuro non subir fotografías con persoas identificables. Pero, se non hai forma de evitar as caras da xente nunha fotografía que creo interesante, o que fago sempre é difuminar as caras. Máxime se se trata de meniños. Canto á foto de Lmbuga que Estevo dá como exemplo, eu non a tería subido sen difuminar antes a cara do cativo. O aviso de que "esas persoas poden ter os seus dereitos" non me parece suficiente. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de abril de 2016 ás 23:30 (UTC)[responder]

Placa da "Avenida del Generalísimo"[editar a fonte]

Boas, acabo de atopar esta imaxe dunha "Avenida del Generalísimo" que pon na descrición que é da Coruña, non sei se a cidade ou a provincia. O caso é que o escudo non é o da cidade da Coruña e estiven buscando nas galerías de escudos de concellos de Coruña, Lugo, Ourense e da Coruña e non o vexo. Alguén saberá de que concello é realmente? Que dicides Jglamela e Xavier36? Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2016 ás 20:03 (UTC)[responder]

Eu tamén estiven buscando e o único que se lle parece un pouco é o de Sarreaus. --Chairego apc (conversa) 22 de abril de 2016 ás 20:36 (UTC)[responder]
A min paréceme que ten unha serpe alada, non coincide co de Sarreaus. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2016 ás 20:48 (UTC)[responder]
Localizado: Puerto de la Cruz, en Tenerife.
Agora é a avenida da familia Betancourt y Molina.[1] Non sei por que aparecería esa referencia á Coruña.--Jglamela (conversa) 22 de abril de 2016 ás 21:47 (UTC)[responder]
Xenial Jglamela! Xa o amañei en Commons, moitas grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2016 ás 22:29 (UTC)[responder]

Autoría desta imaxe[editar a fonte]

Revisando imaxes en Commons topei con esta foto antiga subida dende Flickr na que non consta o autor verdadeiro e a ligazón á fonte orixinal non me funciona, mais mirando pola caché (ver) non aparece ningunha información do autor e a data (só unha estimación de que debe ser dos anos 30). A foto foi verificada por un robot, por iso non detectou este caso. Fixen unha busca inversa da foto, mais non puiden atopar os datos da foto. O que está claro é que a foto non e CC-BY-SA 2.0 tal e como está sinalado agora. Que opinades? ---- Xavier36 (conversa) 28 de abril de 2016 ás 06:01 (UTC)[responder]

Xavier36 o que habería que saber é quen é o autor real, se asumimos que o autor é o usuario de Flickr, entón a licenza é correcta porque así a publicou alí. Se nalgún momento atopamos outros datos que nos dean outra información entón teríamos que cambiar esa licenza. Eu tamén busquei a foto e só atopei unha ligazón en Pinterest que di que é de 1935. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2016 ás 17:49 (UTC)[responder]

Imaxe do río Arnego co nome do Deza[editar a fonte]

Estiven o outro día neste mesmo lugar, na pasarela da Senra na parroquia de Toiriz, Vila de Cruces, no acceso ós Sobreirais do Arnego, e fixen máis fotos. Cando fun hoxe consultar o artigo do Deza aparecen estas imaxes do río Arnego. Xa llas cambio agora no artigo. O que non podo cambiar son os títulos das imaxes. --Iagocasabiell (conversa) 8 de maio de 2016 ás 09:17 (UTC)[responder]

Grazas por avisares. ¿Podes, por favor, chantarlle senllos {{NomeImaxeIncorrecto|NOME_NOVO_PROPOSTO}}? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 8 de maio de 2016 ás 09:51 (UTC)[responder]
OK Amañado. --. HombreDHojalata.conversa 8 de maio de 2016 ás 10:00 (UTC)[responder]

Imaxe do Ano 2015[editar a fonte]

Por se é do voso interese: onte comezou a rolda final de votacións para escoller a Imaxe do Ano 2015 en Commons. Pódese votar por até un máximo de 3 imaxes candidatas. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 16 de maio de 2016 ás 11:28 (UTC)[responder]

Imaxe da Semana 26 2016 borrada[editar a fonte]

OLLO: Borraron a imaxe Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:CF-1 flight test.jpg, e como fora escollida agora temos que cambiala por outra para que a portada quede ben. Hai que cambiar unha das que aínda non saíron ou poñer nese sitio a seguinte que saia escollida... Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de maio de 2016 ás 12:14 (UTC)[responder]

É máis doado meter a seguinte que se escolla, menos traballo que facer. Queda o sitio libre para cando se escolla. Banjo tell me 19 de maio de 2016 ás 12:26 (UTC)[responder]
Moi ben, e polo que entendo xa o solucionaches, non Banjo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de maio de 2016 ás 12:28 (UTC)[responder]
Wikipedia:Imaxe da semana/26 2016 :) Banjo tell me 26 de maio de 2016 ás 13:32 (UTC)[responder]
Grazas, era por asegurar, porque non quería que quedara sen foto e non estaba seguro que fose esa semana. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de maio de 2016 ás 21:35 (UTC)[responder]

Imaxes do ano[editar a fonte]

Xa están escollidas todas as imaxes da semana para o ano 2016!! Grazas a todos os que participaron no proceso, tanto propoñendo como votando!! Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de maio de 2016 ás 12:30 (UTC)[responder]

Procura de papeletas electorais en España[editar a fonte]

Ola a todos. Como en ocasións anteriores, desde Wikimedia España estamos movendo a recolleita e subida a Commons das papeletas de candidaturas para as próxima eleccións xerais. Podedes subilas a través do seguinte formulario. A descrición das imaxes debe incluír os modelos {{PD-SpanishGov}} e {{De minimis|1=The party logo}} Un cordial saúdo --Discasto (conversa) 18 de xuño de 2016 ás 23:06 (UTC)[responder]

Imaxe do día galega en Wikimedia Commons[editar a fonte]

Hoxe, a imaxe do día en Wikimedia Commons é galega. --. HombreDHojalata.conversa 29 de xuño de 2016 ás 11:22 (UTC)[responder]

Imaxes xa en Commons[editar a fonte]

Bos días, unha IP pediume que borrara as imaxes que teñen o modelo NowCommons, e as que están en Categoría:En Commons e Categoría:Imaxes subidas a Commons. Alguén ve algún problema para non facelo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2016 ás 09:56 (UTC)[responder]

Mantendo o historial orixinal e as categorías (de habelas), non debería ter maior problema en borralas localmente. Eu xa levo un tempo facéndoo con esas imaxes, cando teño algo de tempo libre. Banjo tell me 28 de xullo de 2016 ás 10:27 (UTC)[responder]