Wikipedia:A Taberna (imaxes)/Arquivo 8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (imaxes) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

Conseguir imaxes de tódolos concellos de Galicia[editar a fonte]

Concellos sen imaxes.

Boas, estas últimas semanas estiven mirando os artigos dos concellos e facendo algúns apaños e revisando, e atopei que só hai 15 concellos de Galicia sen imaxes. Entón estiven pensando que ós que lles interese completar esta tarefa poderíamos organizarnos para atopar imaxes libres deses sitios. A idea sería que un usuario encargue dun ou dous concellos e así entre varios a tarefa sería máis levadeira. Fixen unha pequena páxina para organizarnos, é esta pero podemos facelo onde vexades.

¿E onde se poden conseguir imaxes?. Pois hai moitos sitios pero o problema é que a maioría deles teñen dereitos reservados e non valen pero a idea desta tarefa é que nos poñamos en contacto coa xente que ten imaxes deses concellos e lles pidamos que cambien a súa licenza. Hai moita xente, por exemplo en Flickr, que só teñen os dereitos reservados porque é a que ten por defecto a páxina e que se llo pide alguén non ten problema en poñer unha licenza libre, e si lle contamos que é para a Galipedia aínda menos ;). Igual que Flickr hai outros moitos sitios de fotos, panoramio, http://www.arteyfotografia.com.ar/, etc, e poden buscarse fotos directamente co google e logo, se hai unha ligazón de contacto, falar co autor. Outra posibilidade sería contactar cos concellos e preguntar se poden poñer algunha foto nalgún sitio de publicación de imaxes, o máis sinxelo é Flickr, e que lle poñan unha licencia libre... Iso si, ó falar coa xente hai que explicarlle ben os termos da licenza, sobretodo o do uso comercial, para que non se leven a engano. Nos próximos días farei un modelo de carta na páxina anterior e podemos revisala entre os interesados para usala nas comunicacións coa xente.

Faltan moi poucas fotos, se cada un se encarga dun concello maloserá que non academos este fito sen problemas :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:36, 22 de maio de 2012 (UTC)

Persoalmente, agradeceríache que me indicases na miña páxina de conversa, xa que eu non paso case nunca por aquí, cales son eses concellos. Podería intentar visitalos no verán para tirar unhas fotos. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  05:15, 26 de maio de 2012 (UTC)
Acabo de ver a ligazón que facilitaches e risquei as miñas palabras anteriores. Procurarei visitar algún deses concellos no verán. Grazas, fixeches un moi bo traballo.-- Lmbuga / Conversa comigo  05:19, 26 de maio de 2012 (UTC)

Coas últimas colaboracións só quedan 8 concellos sen imaxes, Bóveda, Rábade, Castrelo do Val, Gomesende, Larouco, Padrenda, Pontedeva e San Xoán de Río, xa falta menos para pintar a tódolos concellos galegos!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:59, 23 de setembro de 2012 (UTC)

Xa está San Xoán de Río, agora só faltan 7 concellos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:43, 7 de outubro de 2012 (UTC)
Onte fun ós concellos de Gomesende, Padrende, Pontedeva e Quintela de Leirado... Agora xa quedan 4!!, e estou planeando unha viaxe ó concello de A veiga, e Larouco vai cair seguro... Saúdos. La fabrica de nubes (fálame) 21:57, 8 de outubro de 2012 (UTC)
Vaia voltiña rapás! :), así non me das tempo nin a actualizar o mapa!! :D. Xenial o teu traballo, pois se ti vas ir por Larouco eu vou tentar conseguir algunha de Bóveda en Panoramio, a ver se hai sorte. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:26, 8 de outubro de 2012 (UTC)
Xa están as imaxes de Bóveda, só quedan 3. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:49, 13 de outubro de 2012 (UTC)
Xa teño fotos de Larouco, estiven hoxe alí...e tamén algunhas das casas dos concellos da zona..., se podo as subo pola mañán... La fabrica de nubes (fálame) 21:44, 14 de outubro de 2012 (UTC)
Xenial!, pois eu agora pídome Rábade ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:59, 15 de outubro de 2012 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Adiantóuseme HombreDHojalata por un pouco!:) Agora só queda un concello de Galicia sen imaxes, e o campeón é Castrelo do Val, quen se anima? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:40, 3 de novembro de 2012 (UTC)

Axuda cunha imaxe[editar a fonte]

Nos últimos días estiven ampliando o artigo sobre un importante club de rugby español, a UE Santboiana. Atopei unha interesante fotografía en internet, e púxenme en contacto co autor vía e-mail para pedirlle permiso para subila á nosa wiki. A resposta foi positiva pola súa parte, coa única condición de que quedase constancia de quen é o autor da fotografía. A imaxe é ista. Esta foi a súa resposta:

Hola Juan, encantado de saludarte. Disculpa el pequeño retraso en contestarte.
Por suesto puedes utilizar la foto siempre que muestres a pie de foto o donde creas el cédito de la foto.
Foto: Jordi Elias.
Puedes encontrar mas fotos en:
http://www.flickr.com/photos/jordielias/
Encontrarás todas las fotos de la Santboiana en todos los partidos de casa desde el 2007.
Ya me pasarás el link de wikipedia.
Saludos y enhorabuena por tu labor.
Jordi

Quixera saber se seguín os pasos axeitados, e como teño que completar a información cando carge a imaxe, é dicir, qué teño que poñer en "source", "author" e "permission". Graciñas anticipadas pola axuda. -- JonnyJonny (conversa) 17:17, 8 de xullo de 2012 (UTC)

O que comentas habería que xestionalo polo sistema de OTRS e como eu non o controlo non estou moi seguro de se este correo será abondo xa que a web que a aloxa ten copyright, terías que pedir axuda na páxina de discusión (e logo, se che funciona, vir a contárnolo aquí ;).
Outra solución que se me ocorre, e que eu uso bastante, é que lle mandes outro correo ó fotógrafo dicíndolle que che facilitaría moito que cambiara a licenza a unha libre de dereitos de autor dalgunha das fotos que ten en Flickr (podes escoller as que che parezan máis interesantes ou dicirlle que escolla el...). Se cambia a licenza desas fotos en Flickr, cousa que se fai nun minuto e está explicado aquí (podes copiar só o apartado titulado "CAMBIAR A LICENZA DUNHA FOTO XA SUBIDA", tamén explica un pouco as licenzas), logo só tes que pasalas a Commons con esta ferramenta (tes que darte de alta no TUSC pero iso só o tes que facer desta vez e esta ferramenta é moi útil). Se tes calquera dúbida co segundo procedemento comenta o que sexa que tentarei axudarche. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:03, 21 de xullo de 2012 (UTC)

Permiso para fotografar esculturas de Ramón Conde[editar a fonte]

Despois de bastantes correos a varias bandas conseguín permiso de Ramón Conde para fotografar as esculturas da súa obra pública que se atopen no interior de edificios. Podedes velo por exemplo nesta imaxe. Isto quere dicir que os que queran, e lles cadre ben, poden fotografar estas esculturas, sempre e cando o acceso ás mesmas non esté restrinxido dentro do propio edificio claro está, e poñer nas súas fotos co mesmo permiso OTRS. Van quedando menos e ó final pode quedar unha galería bastante chula e seguramente sería a máis completa en internete deste escultor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:28, 12 de agosto de 2012 (UTC)

Renomear imaxes en Commons[editar a fonte]

Déronme permiso para renomear imaxes en Commons, se alguén o precisa pode darme un aviso na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:06, 28 de setembro de 2012 (UTC)

Parabéns. Podes poñer o modelo {{Renomeador Commons}} na túa páxina de usuario, para que a xente que precise de axuda nese eido o saiba. --. HombreDHojalata.conversa 22:23, 28 de setembro de 2012 (UTC)
Feito! Feito!, saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:49, 29 de setembro de 2012 (UTC)

Pasar Imaxes da Galipedia a Commons[editar a fonte]

Ata agora estaba a subir imaxes á Galipedia, pero o outro día o usuario Elisardojm pasoume duas imaxes a Commons... polo que me explicou, parece ser que as imaxes na Galipedia non se poden utilizar en outras "Pedias", que é mellor subilas directamente a Commons...

A minha pregunta é: ¿Como fago eu para pasar o resto das miñas imaxes a Commons? o digo para non darlle choio a ninguen se o podo facer eu...

(Estiven a fuchicar y creo que so hay que poñer este código "EnCommons" (entre dobles llaves) no resumo da imaxe... ¿Poderiaismo confirmar? Gracias La fabrica de nubes (fálame) 12:37, 29 de setembro de 2012 (UTC)

Non, ese só é un modelo para avisar que a imaxe xa está pasada pero iso non o fai. A única forma de facerlo é pasalas unha a unha ou, se son moitas imaxes ó mellor habería que facelo cun bot. Se só tes as imaxes que están na túa páxina de usuario iso pode pasarse a man nun momento usando esta ferramenta. O único detalle da ferramenta é que para que pase as imaxes automáticamente tes que ter conta en TUSC. Se me das uns días pásochas eu pouco a pouco. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:14, 30 de setembro de 2012 (UTC)
Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:02, 1 de outubro de 2012 (UTC)

Mapas de Galicia[editar a fonte]

Estiven a ver os mapas de Galicia existentes en Galipedia y en Commons... non sei como os fixesteis, pero ¿poderíanse pasar cartografías en CAD a imaxes (.PNG, por exemplo), modificando, engadindo colores, grosores de liña... e dicir que é un traballo propio e así podelos subir a wikipedia? La fabrica de nubes (fálame) 16:28, 30 de setembro de 2012 (UTC)

Serían obras derivadas. Se consta que o autor/es os licenciaron baixo unha licencia compatible (dominio público, CC-BY-SA...) non hai problema. En caso contrario non se pode.
Unha estupenda fonte que podes empregar é http://www.openstreetmap.org (ten licencia CC-BY-SA [1]). --. HombreDHojalata.conversa 11:49, 2 de outubro de 2012 (UTC)
Velaquí está a versión en galego da licenza do OpenStreetMap que deixou HombreDHojalata: http://www.openstreetmap.org/copyright/gl. --Toliño Fala aquí comigo 13:08, 2 de outubro de 2012 (UTC)

Falo de planos en CAD de la Xunta de Galicia. (A min copiáronmos pero descoñezo a súa procedencia...) O que si que poñen os planos e esta lenda: "PROHIBIDA A REPRODUCCIÓN COMERCIAL OU VENDA DESTA CARTOGRAFÍA", o demais que se poda facer con eles, non sei... La fabrica de nubes (fálame) 15:32, 2 de outubro de 2012 (UTC)

Non, non os podes empregar neste proxecto. Nin tampouco calquera tipo de obra derivada deles. --. HombreDHojalata.conversa 09:55, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Ok, Gracias. Por certo, estiven a mirar o OpenStreetMap e paréceme caralludo...a ver se me animo a facer contribucions... La fabrica de nubes (fálame) 10:23, 3 de outubro de 2012 (UTC)

É caralludo, é. Dalle duro! --. HombreDHojalata.conversa 12:49, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Patrimonio Galego.Net[editar a fonte]

¿Pódense coller imaxes desta páxina como se fai de Flickr? Parece ser que as fotos que se suben a Patrimonio Galego.Net teñen que estar baixo a licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial 3.0 España (CC BY-NC 3.0)...(Botar un ollo no último apartado)La fabrica de nubes (fálame) 19:38, 9 de outubro de 2012 (UTC)

Nunca cheguei a entender as diferenzas entre as distintas licenzas nin eses matices que parecen existir. Xa dixen aquí máis dunha vez que deberiamos ter máis clariño, a modo de política oficial (cou canto menos de páxina de axuda ... que axude de verdade) todo ese maremagnun das licencias das fotografías. Pero o caso é que sempre entendín que as fotos que se subían a Commons ou a Galipedia debían estar plenamente libres de dereitos, e nese apartado que citas aclaran que "a licenza respecta que calquera que queira usar este contido te recoñeza como autor do mesmo, impide expresamente o uso do teu traballo para fins comerciais pero o permite para entidades sen ánimo de lucro, como escolas ou asociacións." Eu creo que nós entrariamos perfectamente neste grupo, pero semella que non, e que calquera pode facer calquera uso con calquera das nosas fotografías, sen limitacións. Espero estar equivocado e que alguén nos saque do erro. Pedro --Lameiro (conversa) 19:58, 9 de outubro de 2012 (UTC)

Aquí, no apartado Licenzas de uso común, poñe que non está permitido o uso da licenza Creative Commons Non-Commercial Only (-NC) licenses, "a non ser, por suposto, que o ficheiro tamén teña unha licenza libre", e isto último non estou seguro de como interpretalo, non sei se responde a la licenza que usa Patrimonio Galego.Net... La fabrica de nubes (fálame) 21:58, 9 de outubro de 2012 (UTC)

Non. A licencia que inclúa "non-comercial" non é compatible nin co proxecto Galipedia nin co proxecto Wikimedia Commons. --. HombreDHojalata.conversa 22:22, 9 de outubro de 2012 (UTC)
Eu podo explicar un pouco o tema das licenzas, a ver se aclaramos un pouco o tema. Na Galipedia úsanse básicamente 3 licenzas, Dominio Público, CC-BY (Creative Commons Recoñecemento) e CC-BY-SA (Creative Commons Recoñecemento Compartir Igual).
  • As imaxes que se liberan no Dominio Público non reservan ningún dereito para o autor polo que os que as usen non teñen ningunha obriga con el. Eso si, non poden dicir que son obra súa nin apropiarse dos seus dereitos, o que si poden facer é obras derivadas e poñerlle a licenza que queran, sempre e cando a modificación non sexa trivial.
  • As imaxes CC-BY obrigan ós que as usan a citar ó autor da obra e nada máis. Poden modificala e comercializala, sempre indicando a licenza orixinal e o autor. Se a modifican bastante poden publicala reservando os dereitos de autor da súa modificación, pero teñen que seguir indicando o nome do autor orixinal.
  • As imaxes CC-BY-SA obrigan ós que as usan a citar ó autor e ó mesmo tempo as obras derivadas que se creen dela deberán ter a mesma licenza CC-BY-SA.
Isto é un resumo sen meterse noutras licenzas que se usan en Commons nin en dobles licenzas, etc. Se tedes algunha dúbida se non a podemos resolver aquí sempre podo mandar un correo ós da asociación que hai xente que controla ben estes temas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:36, 9 de outubro de 2012 (UTC)

Antes de nada, gracias a todos por intentarme explicar a dúbida que teño, pero sigo igual...Ok HombreDHojalata, pero na axuda da Galipedia pon que hai un caso no que sí se pode. Cito textualmente:

"As seguintes licenzas son de uso moi estendido pero non están permitidas (a non ser, por suposto, que o ficheiro tamén teña unha licenza libre):

  • Creative Commons Non-Commercial Only (-NC) licenses.
  • Creative Commons No-Derivatives (-ND) licenses.
  • Uso do material baixo a claúsula de fair use ou outra lei semellante."

Non sei se está mal redactado ou escápaseme algo, pero non entendo o de "que o ficheiro tamén teña unha licenza libre"... ¿Non pode ser o caso das de Patrimonio Galego.NET que non son solo "NC"? Gracias. La fabrica de nubes (fálame) 08:59, 10 de outubro de 2012 (UTC)

Eu penso que está mal redactado, o que está clarísimo é que esas licenzas non están permitidas. O único que se me ocorre para explicar ese texto, que habería que indicar máis claramente nesa páxina, é que quera dicir que esas imaxes estarían permitidas se tiveran doble licenza e a outra licenza fose compatible coas políticas da Galipedia. En bastantes ficheiros úsanse dobles licenzas para que os usuarios escollan a que máis lles interese, podería ser isto o que quere dicir ese texto pero entón hai que amañalo. Eu non lle vexo outro senso, a ver o que di HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:49, 10 de outubro de 2012 (UTC)

Gracias Elisardojm, non sabía o das dobres licenzas, ... ¿E onde podo ver ou onde explícase o das dobres licenzas? Para botarlle un ollo... (E se coñeces algunha imaxe por ahí con dobre licenza, ¿poderíasme pasalo link?)

Oes?, tinhan unha imaxe de Rábade..., pena. La fabrica de nubes (fálame) 10:19, 10 de outubro de 2012 (UTC)

En Commons está explicado un pouco o das multilicenzas. Tes un exemplo dunha imaxe con multilicenza aqui.
He, he, he, unha pena que queden aí esas imaxes soíñas, co ben que nos viñan a nós para a colección ;). Eu agora estou buscando as de Bóveda en Panoramio e falando con algúns usuarios, ó mellor aí tamén teñen de Rábade mirarei cando atope esa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:09, 10 de outubro de 2012 (UTC)

...uf, en inglés!! a ver si un día destes póñome con elo...Ben, gracias pola info. La fabrica de nubes (fálame) 20:18, 10 de outubro de 2012 (UTC)

Hai que ver con que licencia ou licencias está publicada a obra da que falamos. Se non consta licencia, automaticamente é "tódolos dereitos reservados". Se consta a licencia, pódense dar varios casos. Que o autor publicara a obra nun sitio con unha licencia ou con varias; e mesmo que a publicara en varios lugares con licenzas diferentes. En todo caso, nós sempre temos que facer o mesmo, ao subir a foto cubrir a caixa de datos de xeito que quede ben clariño á vista dela, de onde sacamos a foto e cal é a licencia compatible que ten, explicando porqué ou ligando onde conste. --. HombreDHojalata.conversa 10:43, 12 de outubro de 2012 (UTC)

Prestige[editar a fonte]

Alguén ten imaxes do Prestige, ou relacionadas co seu naufraxio e as súas consecuencias? --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:22, 15 de outubro de 2012 (UTC)

Aquí tes imaxes dun monumento referido aos voluntarios que limparon chapapote. Teño na casa unha foto dun monólito tamén adicado ó voluntariado no porto de Portonovo...
Tamén atopei esto. Saúdos. La fabrica de nubes (fálame) 11:23, 16 de outubro de 2012 (UTC)
Vou a avisar nas outras wikis por se alguén pode achegar algunha imaxe maís, xa que estamos hai que aproveitar o momento para conseguir todo o material posible. Por certo, sería bo que as imaxes sobre este tema se suban a Commons na categoría Prestige_oil_spill, xa pasei as que atopei aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:06, 18 de outubro de 2012 (UTC)
Deixei avisos nas wikis en catalán, euskara, castelán e bable para que a xente que quixera achegue as fotos que teña. Creo que esta tamén sería unha boa ocasión para usar as contas de facebuk e tuiter da Galipedia e pedir unha man ós seguidores delas xa que hai moitas fotos interesantes sobre este tema pola web adiante e que moitas delas darían outro punto ó artigo. Os que teñan permisos neses medios a ver se poden poñer unha nota sobre esta petición. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:12, 20 de outubro de 2012 (UTC)

A asociación Wikimedia España súmase a esta iniciativa de conseguir imaxes libres sobre o desastre do Prestige publicando unha nota no seu blog. Está previsto que fagan unha nota de prensa para distribuír os distintos medios de comunicación para difundir esta actividade en tódolos ámbitos posibles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2012 ás 01:34 (UTC)[responder]

Escudo de San Xoán de Río[editar a fonte]

Non atopo o escudo de San Xoán de Río, nin por Internet, nin no DOGA, pero mandeille unha foto ó letreiro do pobo... ¿O podo vectorizar eu con Illustrator?. La fabrica de nubes (fálame) 17:53, 16 de outubro de 2012 (UTC)

As representacións heráldicas oficiais (lugares, institucións etc) non están suxeitas a dereitos de autor, de modo que calquera pode elaborar unha imaxe que represente o escudo dun lugar. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:57, 16 de outubro de 2012 (UTC)

O problema é se non é un escudo oficial, non? Nese caso non se poderán facer obras derivadas se o escudo ten dereitos de autor... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:41, 16 de outubro de 2012 (UTC)

O que teño aparecía no carteliño de entrada ó pobo, imaxino que é o oficial... La fabrica de nubes (fálame) 10:17, 18 de outubro de 2012 (UTC)

Para ser oficial ten que aparecer no DOGA, creo que tódolos concellos teñen escudo, pero non todos son oficiais porque non están aprobados pola comisión de heráldica (ou o departamento que se encarga diso) da Xunta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:08, 18 de outubro de 2012 (UTC)

Non creo que iso deba ser un obstáculo, estane empregando escudos que non son oficiais, basta con que estean referenciados. O que non teño claro é que o cartel ese sexa unha referencia válida. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:06, 18 de outubro de 2012 (UTC)

Bueno, que se fai falta o escudiño para calquera cousa, xa sabedes, eu teño un en foto... La fabrica de nubes (fálame) 08:43, 19 de outubro de 2012 (UTC)

Xa, temos escudos que non son oficiais en moitos concellos pero eu penso que o problema é que non podemos facer unha obra derivada (o vectorizado que di La fabrica) a partir dunha obra que ten dereitos de autor, que é o escudo non oficial da imaxe. A imaxe do cartel é libre pero o escudo non. Se fose un escudo oficial a súa descrición tería saído no DOGA e entón a partir dela non teríamos problema ningún en facer o escudo vectorizado. Isto segundo eu o vexo, pero que tampouco estou seguro ó 100%. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:54, 19 de outubro de 2012 (UTC)

A ver se nos aclaramos co tema dos escudos: o autor ten dereito sobre a súa obra, é dicir, a modo de exemplo, Dalí sobre o seu Cristo. Hai que contar con el para reproducilo, facer obra derivada e bla bla bla. Iso non quere dicir que non poida vir outro pintor e pintar outro cristo sen permiso de Dalí. Pois algo así cos escudos, o que posúa o autor é o dereito sobre a súa obra (ese cristo), non sobre o motivo da súa obra (os cristos, calesquera que fosen). Se alguén dibuxou o escudo do sitio ese que xa nin me lembro de onde queda, e que é un escornbois subido nun castañeiro sobre campo de goles (por exemplo), mañá chego eu e debuxo outro escornabois noutro castañeiro e sobre un goles un poucoi máis avermellado, que é como a min me gusta. Nin violo dereitos nin nada de nada, a obra é outra. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:44, 19 de outubro de 2012 (UTC)

Ah, así si nos aclaramos, pero o que non podes facer é unha copia, máis ou menos exacta, do escudo que fixo ese tipo. Tes razón que podes facer ti un novo escudo cos mesmos elementos heráldicos e cores que ese escudo, pero sen copiar os do orixinal, que penso que era a idea de La fábrica (ou iso entendín eu). La fabrica, se podes vectorizar o escudo sen copialo de forma exacta entón sería perfecto. O que te pode axudar é utilizar os centos de elementos heráldicos libres que hai en Commons nesta categoría, ou outros que hai nos miles de escudos vectoriais que hai tamén en Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:00, 19 de outubro de 2012 (UTC)


Graciñas polo exemplo Xoacas e polos enlaces a Elisardojm. Cando poida póñome con elo... La fabrica de nubes (fálame) 11:05, 22 de outubro de 2012 (UTC)

Volta a Galicia[editar a fonte]

Fixen unha pequena ampliación do artigo Volta ciclista a Galicia, pero non temos imaxes da carreira. Se alguén posúe material propio, sería moi interesante achegalo. -- JonnyJonny (conversa) 09:51, 20 de outubro de 2012 (UTC)

Ó mellor pode conseguirse en Flickr, mirarei pola noitiña se teño un momento, é que neste ordenador non dan acceso a esa web. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:30, 22 de outubro de 2012 (UTC)
Atopei unha imaxe e mandei un correo a un usuario de Flickr por se libera outras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:14, 4 de novembro de 2012 (UTC)

Imaxe de capela do Espiritu Santo[editar a fonte]

En Commons subiron unha imaxe con título "CAPELA DO ESPIRITU SANTO.jpg" pero non ten ningunha indicación do lugar da capela, ¿alguén saberá por un casual ónde está? Xa tentei contactar coa persoa que a cargou pero non tiven resposta. Non vos fiedes dos datos da imaxe en Commons porque non creo que sexan correctos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:32, 9 de novembro de 2012 (UTC)

Creo que se trata da Capela do Espírito Santo, situada en Mens, Malpica de Bergantiños. Hai unha descrición na web do concello de Malpica. --Xas (conversa) 4 de decembro de 2012 ás 18:34 (UTC)[responder]
Moitas grazas!, vaia vista que tes :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2012 ás 23:41 (UTC)[responder]

Votación de fotos GLAM e fotos gañadoras no Wiki Loves Monuments 2012[editar a fonte]

Dous anuncios polo prezo dun:

  • Europeana abreu unha votación para escoller a mellor fotografía dun monumento "GLAM" dentro do concurso WLM. Máis información, en inglés, aquí. Este aviso chega un pouco tarde porque o plazo remata mañá, pero os que queran botarlle un ollo seguro que atopan algunhas imaxes interesantes ás que votar.
  • Xa se publicaron os gañadores de Wiki Loves Monuments deste ano, os finalistas por país están aquí, e os gañadores do concurso internacional aqui. Estas imaxes ben valen un artigo, aínda que sexa pequeno, que as inclúan :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2012 ás 09:37 (UTC)[responder]
Un socio de WM-ES fixo unha video-montaxe con algunhas das mellores imaxes da fase española do concurso WLM 2012. Só hai unha imaxe de Galicia, unha da catedral de Santiago. Espero que vos guste. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de decembro de 2012 ás 23:10 (UTC)[responder]

Imaxe da semana/52[editar a fonte]

Non temos aínda elixida a imaxe da semana e habería que poñela mañá. Non podemos pechar as votacións pendentes. Animádevos a participar en Wikipedia:Imaxe da semana/Votacións e tamén a propoñer imaxes para que podamos ir repartindo un pouco o traballo... Grazas. --Xas (conversa) 23 de decembro de 2012 ás 16:34 (UTC)[responder]