Wangui wa Goro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWangui wa Goro
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Kenya Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeKenya Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Londres
Universidade de Leicester (pt) Traducir
Middlesex University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora , escritora , académica , activista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata


Wangui Wa Goro, nada en 1961, é unha investigadora, tradutora, escritora, activista e académica kenyana, residente no Reino Unido. As súas investigacións e intereses céntranse no desenvolvemento das linguas e literaturas africanas, así como a promoción internacional das traducións destas literaturas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wangui wa Goro viviu e estudou en diversas partes do mundo, como o Reino Unido, os Estados Unidos, Alemaña e Suráfrica. Naceu en Kenya, pero deixou o país para estudar Linguas Modernas e Economía na Universidade de Leicester. Proseguiu os seus estudos de Educación na Universidade de Londres (actual University College of London), e doutorouse en Estudos de Tradución na Universidade de Middlesex.

Traballou co goberno local, así como de académica en Humanidades no Reino Unido, e en contextos de desenvolvemento internacional. Por mor do seu activismo nos dereitos humanos e a súa implicación pola democracia en Kenya, Wa Goro viviu exiliada en Inglaterra uns cantos anos.[2] Apoiou diversos movementos pola xustiza e a liberdade, como o movemento anti-apartheid, e implicouse no movemento das mulleres como feminista, traballando no movemento feminista negro e africano no Reino Unido e en Europa.

Traduciu a obra de autores e autoras recoñecidas, como a sátira de Ngũgĩ wa Thiong'o Matigari e as súas obras infantil-xuvenís Njamba Nene and the Flying Bus (1986) e Njamba Nene's Pistol (1990), da lingua kikuyu ao inglés, así como o libro de poesía de Véronique Tadjo A vol d'oiseau do francés.

A súa propia obra inclúe poesía, ensaio e relatos.[3] O seu relato "Heaven and Earth" foi incluído no currículo escolar de Kenya.[4] Como activista dos dereitos humanos,[5] coeditou con Kelly Coate e Suki Ali o libro Global Feminist Politics: Identities in a Changing World (Routledge, 2001).[3] Colaborou en publicacións como Under the Tree of Talking: Leadership for Change in Africa (Onyekachi Wambu, 2007)[6] e a antoloxía de 2006 African Love Stories, editada por Ama Ata Aidoo.[7]

Participa de forma habitual no festival literario Africa Writes da Royal African Society, que entre outros eventos inclúe o simposio Africa in Translation,[8][9][10][11] baixo a coordinación da organización internacional SIDENSi.[12]. É membro fundadora de TRACALA (Translation Caucus of the African Literature Association).

Foi membro de organizacións como Women's Studies Network UK, British Centre for Literary Translation, Arts Council England, PEN International e African Literature Association.[5] She Foi membro do consello de Caine Prize for African Writing, do que foi xurado en 2007.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tadjo, Véronique (2001). As the Crow Flies. Heinemann. p. Portada (detalles biográficos da tradutora). 
  2. ya Salaam, Kalamu (1994). "Tarzan Can Not Return to Africa But I Can — S-T-U-V-W-X-Y-Z: Panafest 1994". ChickenBones: A Journal. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2018. Consultado o 30 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Perfil de Wangui wa Goro Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine., African Studies Association of the UK.
  4. 4,0 4,1 "About Us", The Caine Prize.
  5. 5,0 5,1 "Wangui Wa Goro" Arquivado 24 de outubro de 2016 en Wayback Machine., Human Rights and Social Justice Research Institute, London Metropolitan University.
  6. "Under the Tree of Talking: Leadership for Change in Africa" Arquivado 30 de xullo de 2019 en Wayback Machine. at BookBlast.
  7. Stella Riunga, "African Love Stories, An Anthology by Ama Ata Aidoo", Book Spotlight, Storymoja.
  8. "Africa Writes 2013" Arquivado 30 de xullo de 2019 en Wayback Machine., Royal African Society.
  9. Dele Meiji, "Matigari: Talking Revolutionary Translation with Wangui Wa Goro, Friday 12 July, 12.30PM" Arquivado 05 de febreiro de 2016 en Wayback Machine., 12 de xullo de 2014.
  10. "Africa in Translation: What's Love Got to Do With It?", 3 de xullo de 2015, Africa Writes.
  11. "What's Love Got to do with it?" Arquivado 30 de xullo de 2019 en Wayback Machine., SIDENSi.
  12. "About" Arquivado 30 de xullo de 2019 en Wayback Machine., SIDENSI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]