Volcán Cotopaxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cotopaxi
Ecuador - Cotopaxi .JPG

Volcán de Cotopaxi
Elevación: 5.897 m
Latitude: 0º 40'S
Lonxitude: 78º 26' W
Localización: Andes, Ecuador
Tipo: Estratovolcán
Última erupción: 1904
Primeira subida: 28.11.1872 por Willeln Reis e Ángel Escobar

O volcán de Cotopaxi localízase no Ecuador, e é un dos máis altos volcáns no mundo, sendo só sobrepasado polo Llullaillaco con 6.739 metros de altitude na fronteira entre México e Arxentina. O Cotopaxi encóntrase a uns 50 km ao Sur de Quito.

Desde 1738 xa ocorreron máis de 50 erupcións neste volcán. Ao redor do volcán encóntranse numerosos vales formados por lahars. A cidade de Latacunga xa foi completamente destruída dúas veces como resultado das erupcións deste volcán. As erupcións máis violentas ocorreron en 1744, 1768 e en 1877. A última grande erupción ocorreu en 1904, ocorrendo tamén algunha actividade en 1942.


O volcán de Cotopaxi é o segundo maior volcán activo do Ecuador, sendo o máis alto o Chimborazo. Estes son dos volcáns activos máis altos do mundo, sendo "Ojos del Salado", volcán do Chile que conta con 6.893 m de altitude, o máis alto.

Cráter do volcán Cotopaxi

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]