Vinland Saga (manga)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vinland Saga (en xaponés: ヴィンランド・サガ Hepburn: Vinrando Saga?) é un manga xaponés histórico escrito e ilustrado por Makoto Yukimura. A serie é publicado por Kodansha, e foi serializado en Weekly Shōnen Magazine antes de trasladarse a Monthly Afternoon. En maio de 2022, os seus capítulos foron recompilados en vinte e seis volumes tankōbon. Vinland Saga foi autorizado para a publicación en inglés por Kodansha USA.

O título, Vinland Saga, asóciase a Vinland segundo se describe en dúas sagas nórdicas. Porén, Vinland Saga comeza na Inglaterra controlada polos dinamarqueses a comezos do século XI, e presenta os invasores dinamarqueses de Inglaterra, comunmente coñecidos como viquingos. A historia combina unha dramatización do alzamento do rei Canuto o Grande cunha historia de vinganza centrada na figura do explorador Thorfinn, o fillo dun ex guerreiro asasinado que serve baixo un grupo de mercenarios responsables do feito; a historia avanza a través de varios arcos narrativos máis aló destes, que finalmente culmina cunha expedición a Vinland.

Unha serie de televisión anime de 24 episodios foi animada por Wit Studio, e estreouse en NHK General TV dende xullo a decembro de 2019. Unha segunda tempada, animada por MAPPA, estreouse a través de Tokyo MX e BS11 en xaneiro de 2023.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Ambientación[editar | editar a fonte]

Vinland Saga está ambientada principalmente en 1013 en Inglaterra, que foi case toda conquistada polo rei dinamarqués Sweyn Forkbeard. Cando o rei Sweyn se achega á morte, os seus fillos, o príncipe Harald e o príncipe Canuto, loitan pola súa sucesión. A historia toma elementos de relatos históricos da época como Flateyjarbók, a Saga dos groenlandeses e a Saga de Erik o Roxo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dossier Vinland Saga - YUKIMURA Makoto - Partie 1". manga-news.com (en francés). 16 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021. 
  2. Collins, Hannah (15 de marzo de 2020). "The Real Viking Lore That Inspired Vinland Saga". Comic Book Resources. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021.