Tankōbon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Tankōbon (単行本) é o termo en xaponés para «volume compilatorio» dunha serie en particular (coma mangas, novelas gráficas, artigos de revistas, ensaios, padróns de costura, etc.) a diferenza de revistas ou series de obras completas que conteñen múltiples títulos.

Polo regular, os mangas son publicados por primeira vez en revistas de antoloxías de tirada semanal ou mensual(coma Afternoon, Shounen Jump, Hana to Yume).

Estas revistas de antoloxías conteñen centos de páxinas e decenas de historias individuais escritas por diversos autores. Son imprimidas en papel para diarios e son consideradas coma revistas descartábeis.

Un tankōbon é unha colección de capítulos dunha só serie reimprimida en formato de peto ou pasta branda con papel de mellor calidade.

Aizōban[editar | editar a fonte]

Un aizōban (愛蔵版) é un volume de edición especial. Estes volumes son, polo regular, máis caros e cheos de características especiais coma portadas especiais creadas especificamente para a edición, papel especial usado para as portadas, papel de alta calidade, estoxos especiais e máis. Os Aizōban son de tirada limitada, o que incrementa o seu valor coma pezas de colección.

Kanzenban[editar | editar a fonte]

Un Kanzenban (完全版) é un termo usado ás veces no canto de aizōban para lanzamentos especiais. Do mesmo xeito cós aizōban, os kanzenban son imprimidos en tiradas limitadas, e xeralmente só os máis populares mangas son lanzados neste formato.

Bunkoban[editar | editar a fonte]

Unha edición bunkoban (文庫版) é un volume con tamaño de novela xaponesa. Xeralmente son máis pequenos (perto de 16 cm de alto) e máis grosos có tankōbon, e usualmente tén unha nova portada deseñada especificamente para o lanzamento (no caso do manga). Se houbo un lanzamento wideban, o bunkoban tén xeralmente o mesmo número de volumes. Tamén son chamados Bunko, sen o «-ban».

Wideban[editar | editar a fonte]

A edición wideban (ワイド版 waidoban) é máis grande có tankōbon regular, e xeralmente abrangue unha serie en menos volumes có tankōbon orixinal. Por exemplo, Maison Ikkoku foi orixinalmente lanzado en 15 volumes tankōbon, pero foi lanzado en 10 volumes wideban.