OS/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  
Desenvolvedor
Familia de S.O.
Lanzamento
En galego ?
Espazo de usuario
Interface de usuario
Modelo de desenvolvemento
Núcleo
Tipo de núcleo
Licenza
Última versión estable ()
Estado actual
Precedido por
Sucedido por
Sitio web

O OS/2 (Operating System 2) é un sistema operativo orixinalmente desenvolto por IBM e Microsoft para substituír ó MS-DOS que non era capaz de aproveitar todos os recursos das computadoras baseadas nos microprocesadores Intel 80286.

OS/2 1.0 anunciouse en abril de 1987 e saíu ao mercado en decembro en versión de modo texto, como un sistema operativo de 16 bits, multitarefa, estable, rápido e moi potente, ao permitir a habilitación de memoria virtual.

OS/2 1.1 que saíu en novembro de 1988 incluía un xestor en modo gráfico, o Presentation Manager.

En 1990 Microsoft decidiu concentrarse no sistema Windows e tan só IBM seguiu a desenvolver o sistema OS/2.

OS/2 2.0, que saíu en 1992 foi a primeira versión de 32 bits, que aproveitaba a capacidade do modo virtual 8086 do microprocesador Intel 80386 e mellorou o Work Place Shell, que se converteu nun sistema de fiestras orientadas a obxectos.

OS/2 Warp 3 saíu en 1994 e que permitía o soporte de todo o hardware que existía nese momento no mercado, compatibilidade con internet e un paquete multimedia.

OS/2 Warp 4 saíu en 1996 e engadiu soporte para linguaxe Java e software de recoñecemento de voz.

IBM anunciou que o 23 de decembro de 2005 deixaría de vender este sistema operativo, aínda que seguiría dándolle soporte estándar ata o 31 de decembro de 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]