Vacina vírica tripla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Preparation of measles vaccines.jpg

A vacina tripla vírica ou vacina vírica tripla (SPR) é unha mestura de tres compoñentes virais atenuados, administrado por unha inxección para a inmunización contra o sarampión, a parotidite (paperas) e a rubéola. Polo xeral adminístraselle a cativos de aproximadamente 1 ano de idade, cun reforzo antes de comezar a idade preescolar, entre os 4 e 5 anos de idade. É unha vacina usada de modo rutineiro ao redor do mundo. Des que se introduciu nas súas versións iniciais dos anos 1970, máis de 500 millóns de doses foron administradas en máis de 60 países. Os efectos de longa duración e a eficacia da vacina continúan sendo estudados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]