Un home de Vilameán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A praia da Lanzada é un dos espazos nos que se desenvolve a novela.

Un home de Vilameán é unha novela histórica de Xoán Bernárdez Vilar, publicada en 1975. Trata sobre a orixe e evolución da Revolta irmandiña.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O protagonista é Pedro Bas, veciño de Vilameán (Tomiño), que farto da deplorable situación na que se atopaba o campesiñado por mor dos impostos do clero e os abusos da nobreza, decide integrarse na Santa Irmandade.

O libro distribúese en catro capítulos, Ceifa, Sementeira, Colleita e Holocausto, e conta, ademais da bibliografía e un mapa coas poboacións onde se desenvolve a historia, cun anexo onde se recollen as principais reivindicacións sociais da Historia dende o Código civil de Urnammum (2064 a.C) ata o preito Tabera - Fonseca, do cal se recollen varias testemuñas de persoas que viviran a Revolta irmandiña.

Foi publicado por primeira vez no 1975 en Montevideo, e dende 1983 pertence ao fondo bibliográfico da editorial Xerais, onde dende o 1990 está na súa colección Narrativa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]