Ulisse Aldrovandi
Ulisse Aldrovandi, nado en Bolonia en 1522 e finado na mesma cidade en 1605, foi un científico italiano.
Traxectoria[editar]
Fillo do conde Teseo Aldrovandi, secretario do Senado de Bolonia. No ano 1529 quedou orfo. En 1538 peregrina a Roma e Santiago de Compostela. En 1539 comeza estudos de humanidades e leis nas universidades de Bolonia e Padua.
En 1549 foi acusado de herexía polas súas relacións co anabaptista Camillo Renato e encarerado en Roma durante 18 meses, durante ese tempo interésase pola botánica, zooloxía e a xeoloxía. En 1551 volta a Bolonia, organiza numerosas expedicións para recoller plantas para a súa herboristería. En 1554 comeza a ensinar lóxica e filosofía na Universidade de Bolonia, e en 1561 é o primeiro profesor de historia natural. Polos seus esforzos crease o Xardín Botánico de Bolonia en 1568. En 1575 foi suspendido das súas actividades públicas durante cinco anos debido a unha disputa sobre a composición dunha menciña popular cos farmacéuticos e doutores de Bolonia.
En 1577 solicita a axuda do papa Gregorio XIII, curmán da súa nai, para obter das autoridades de Bolonia a restitución dos seus cargos e unha axuda financeira para editar as súas obras. Durante a súa vida formou amplas coleccións de botánica e zooloxía, que despois da súa morte pasaron ao museo da universidade.
Obras[editar]
- Ornithologiae, hoc est de vibus historia libri XII 1599.
- Ornithologiae tomus alter 1600.
- De animalibus insectis libri septem, cum singulorum iconibus ad vivum expressis 1602.
- Ornithologiae tomus tertius, ac postremus 1603.
- Historia serpenta et draconi.