Tupolev Tu-16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Tupolev Tu-16 | |
|---|---|
| Un Tu-16 Badger-C | |
| Tipo | bombardeiro |
| Fabricante | Tupolev |
| Introducido | 1955 |
| Retirado | 1993 |
| Construídos | 1.509 |
O Tupolev Tu-16 (alcumado Badger pola OTAN) foi un bombardeiro medio a reacción da Unión Soviética. Entrou en servizo no ano 1955 e dende entón fabricárose ao redor de 2.000 unidades dunhas 12 variantes distintas. Exportáronse algunhas unidades a Exipto, Indonesia, Iraq e Libia, e foi fabricada unha variante en China baixo a denominación local Xian H-6.
O Tu-16 foi a base para o desenvolvemento do Tupolev Tu-104, o primeiro reactor de pasaxeiros en entrar en servizo, do que conserva os motores, as ás e a cola.