Tsukuba
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Tsukuba na prefectura de Ibaraki | |||
| Localización da prefectura de Ibaraki no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Kantō | ||
| Prefectura | Prefectura de Ibaraki | ||
| Superficie | 284,07 km2 | ||
| Poboación | 209.388 (2009) | ||
| Densidade | 737 h/km² | ||
| Alcalde | Ken'ichi Ichihara | ||
Tsukuba (つくば市, つくばし, Tsukuba-shi) é un concello da prefectura de Ibaraki no Xapón. Está situada no centro da rexión de Kantō e ao suroeste da prefectura, na zona de provincia histórica de Hitachi, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 284,07 km² e a poboación de 209.388 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 737 h/km².
A cidade de Tsukuba foi fundada pola fusión de 3 concellos de vila do ditrito de Tsukuba e un concello de aldea do distrito de Niihari no ano 1987.
O concello de Tsukuba limita cos concellos de Tsukubamirai, de Jōsō, de Shimotsuma, de Chikusei, de Sakuragawa, de Ishioka, de Tsuchiura, de Ushiku e de Ryūgasaki.
Universidades[editar]
- Universidade de Tsukuba (筑波大学)