Trahamunda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sepulcro de Trahamunda no convento de San Xoán de Poio

Trahamunda foi unha monxa galega da Alta Idade Media.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vivía no convento de San Martiño da illa de Tambo. Foi raptada nunha incursión dos mouros, segundo algunhas fontes por Abd al-Rahman I, e segundo outras polo seu neto Abd ar-Rahman II. Levárona a Córdoba para formar parte do harén, pero ao negarse foi recluída en presidio durante once anos. Segundo a lenda, o día 23 de xuño pediulle a Deus estar en Poio o día seguinte, día de San Xoán. Un anxo deulle unha rama de palmeira, coa que viaxou até Galiza. Posteriormente plantou a palma preto do mosteiro de Poio, que xermolou e se mantivo até o século XVI.

O seu sepulcro, de estilo suevo-visigótico, consérvase na capela maior do convento de San Xoán de Poio.

É coñecida como a patroa da morriña. O seu día é o 14 de novembro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Crespo Pozo, J. S.: Santa Trahamunda. Leyenda Sacra (1943).
  • Trahamunda: a santa de Poio (Mosteiro de Poio, 1990).