Torupill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torupill piper

A torupill (literalmente "instrumento de tubo", coñecida tamén como kitsepill, lootspill, kotepill) é un tipo de gaita de Estonia.

Localización[editar | editar a fonte]

Non está claro cando apareceu a gaita en Estonia, mais puido chegar coa influencia alemá. Aínda así un estudo sobre a música da gaita do occidente e norte do país amosa tamén unha forte influencia sueca.

O instrumento era coñecido de vello en toda Estonia, porén foi no oeste e norte onde se conservou durante máis tempo nas tradicións e na música popular. Máis tarde, cando o violín foi adoptado pola música popular, unha gran parte das pezas musicais da gaita foron transcritas para el.

O uso tradicional da gaita era a interpretación de pezas musicais ou no acompañamento dos bailes tradicionais, tamén foron empregados outros instrumentos en ausencia da gaita. Algunhas antigas danzas cerimoniais como o baile en círculos (Voortants) ou o baile en fileira (Sabatants) son realizados cun gaiteiro que camiña na cabeza da columna. Segundo as fontes literarias do século XVIII, no repertorio da gaita unha gran parte das pezas formaban parte de cerimonias. Un exemplo é a consideración esencial da presenza do gaiteiro en vodas, marchas a cabalo etc. O gaiteiro era indispensable nos encontros sociais e no baile popular, sendo habitual no San Martiño e Nadal. Unha boa festa popular non podía funcionar sen un bo gaiteiro.

Construción[editar | editar a fonte]

A gaita estoniana está composta por un fol, un soprete para inflar a gaita, un punteiro e 1 ou 2 rocóns, sendo unha rareza atopalos con 3.

  • O fol: está feito co estómago dunha foca cincenta no oeste e norte de Estonia e nas illas. Os máis valorados son os estómagos das grandes focas árticas. Os foles tamén podían estar feitos cun estómago de boi, vaca, alce ou can, pero eran ás veces de pel dun can, gato, cabra ou foca (coa pel para o exterior) ou mesmo pel de lince.
  • O soprete: está feito de madeira.
  • O punteiro: está construído en madeira de xenebreiro, piñeiro, freixo ou máis raramente un tubo de cana. Ten 5 ou 6 buratos. O punteiro é unha simple lingüeta. O extremo inferior do punteiro ten buratos no lateral. O punteiro ten unha forma oval de madeira.
  • O roncón: está feito de madeira, tubos, diferentes en forma e diámetro. O número determina a lonxitude dos roncóns. Se hai só un, é moi longo, se dous, son máis curtos.

Pezas para o torupill[editar | editar a fonte]

Aínda que poida ser moi longa, ás veces, mantéñense simples na súa estrutura.

A música da gaita de fol ten moito en común coas melodías das cancións antigas de Estonia. Unha serie de cancións, como o propio instrumento, son de orixe estranxeira. A influencia sueca é suxerida polos textos das cancións para bailar coa gaita, e tamén as propias danzas parecen vir da Suecia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]