Toni Ribas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Toni Ribas, nome artístico de Antoni García, nado o 13 de xuño de 1975, é un actor porno catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa andaina o 1994. Estivo casado coa actriz porno Sophie Evans dende 1998, da cal se separou a mediados do 2005. Toni Ribas e Nacho Vidal adoitan traballar en películas facendo orxías (Eternal Ecstasy e Heaven on Earth). Tamén é director de cinema porno, empezou en 2001 con Hardcore Innocence 1, que terminou coa novena parte con Hardcore Innocence 9, en 2003. Actuou en Without limits 02 e mais en Private Gladiator.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]