Nacho Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nacho Vidal

Ignacio Jordà González, máis coñecido como Nacho Vidal, nado o 30 de decembro de 1973 en Barcelona, é un actor porno español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Sendo neno a súa familia trasladouse a vivir a Enguera na provincia de Valencia, localidade onde viviu a súa infancia e de onde é a súa familia paterna, propietarios entón dunha importante empresa téxtil. Nacho sempre manifestou sentirse de Enguera, onde reside na actualidade.

Inicio no porno[editar | editar a fonte]

Alistouse na Lexión en Melilla para máis adiante iniciarse na pornografía aos 21 anos na sala Bagdad de Barcelona, onde acudía a realizar espectáculos pornográficos coa súa noiva[Cómpre referencia]. Alí coñeceu o director do Festival de Cine Erótico de Barcelona, José María Ponce, quen o introduciu no mundo da cinematografía pornográfica.

Pasou máis tarde a ser discípulo de Rocco Siffredi, quen o levou a Hollywood en 1998[Cómpre referencia]. Na súa carreira protagonizou unhas 1.500 películas, ademais de traballar como produtor e director de moitos outros filmes. En 2004 estaba considerado como o actor de cine pornográfico máis importante do momento[Cómpre referencia].

Retirada temporal[editar | editar a fonte]

O 31 de maio de 2005 asegurou que se retiraba do cine porno tras anunciar o seu compromiso matrimonial coa modelo colombiana Franceska Jaime, aínda que tras a ruptura con esta volveu a protagonizar diversas películas.

Colaboración coa mafia china[editar | editar a fonte]

O 16 de outubro de 2012 foi detido na Operación Emperador contra as mafias asiáticas en España. A policía pensaba que podería terse branqueado diñeiro a través da súa productora.[1] Despois de prestar declaración ante o xuíz, o 18 de outubro de 2012 foi posto en liberdade sen fianza aínda que se lle imputou un presunto delicto de branqueo de capitais. [2]

Notas[editar | editar a fonte]