Tom Meighan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tom Meighan
Tom Meighan Kasabian 2010.jpg
Tom nun concerto en Francia en 2010.
Nome completo Thomas Peter Meighan
Naceu 11 de xaneiro de 1981 (33 anos)
Orixe Leicester, Inglaterra Inglaterra
Ocupación (s) Músico, compositor
Xénero Indie rock, Space rock, Electrónica, Neopsicodelia
Instrumento(s) Voz, pandeireta, guitarra
Relacionado con Kasabian
Tempo en activo 1999-presente
Na rede
http://www.kasabian.co.uk/

Thomas Peter Meighan, nado o 11 de xaneiro de 1981 en Leicester, é un músico inglés, coñecido por ser o vocalista da banda de indie rock Kasabian.

Biografía[editar | editar a fonte]

Meighan é o vocalista de Kasabian dende o nacemento da banda en Leicester en 1999.[1] É a voz principal na maioría das cancións da banda e non toca ningún instrumento no grupo, agás a pandeireta nalgunha ocasión e a guitarra no directo de 'Night Workers'.[2]

Meighan contribuiu ademais coma cantante principal nas cancións "Viva La Revolution" de Superevolver e "Ghosts on Crusade", de Lysergic Suite. Fai os coros no sinxelo de Jersey Budd, "She Came Back".[3]

Ademais dos numerosos premios que comparte cos demais membros de Kasabian, foi nomeado 19º mellor líder de banda de todos os tempos nunha votación dos lectores da revista Q Magazine.

A comezos de 2011, Meighan fixo o seu debut coma actor no episodio piloto de Walk Like a Panther.[4] Anteriormente, rexeitou unha oferta para aparecer en Marie Antoinette, debido ao compromiso cos compañeiros da banda.

Discografía[editar | editar a fonte]

Kasabian[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]