Tiro parabólico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
frame
Movemento de media parábola

Emprégase a expresión tiro parabólico para describir o movemento de obxectos cunha traxectoria aproximada á dunha parábola. O termo provén da terminoloxía militar, pois durante moito tempo un dos campos fundamentais da enxeñaría foi o cálculo da traxectoria de proxectís. Un ponto que se despraza cunha velocidade inicial na dirección horizontal distinta de cero e se mantén a unha altura reducida, cando no seu desprazamento só actúa a aceleración debida á forza da gravidade describe aproximadamente unha parábola (a desviación debese á variación da forza da gravidade coa altura -diminúe co cadrado da distancia ao centro da terra). Debido a isto, a aceleración só se produce nunha dirección e sentido e o resto do movemento débese unicamente á velocidade inicial.

O habitual é descompoñer tódolos vectores na dirección da gravidade (vertical) e na súa dirección ortogonal (horizontal). Unha vez feito isto obtéñense as seguintes funcións vectoriais:

Posición en x:

 r_x = r_{0x} + v_{0x} \, t

Posición en y:

 r_y = r_{0y} + v_{0y} \, t + \frac{1}{2} \, a t^2 = r_{0y} + v_{0y} \, t - \frac{g}{2} \, t^2

Velocidade en x:

 v_x = v_{0x} \,

Velocidade en y:

 v_y = v_{0y} + a \, t = v_{0y} -g \, t

onde  v_{0x} = v_0 \, \cos \phi  ;  v_{0y} = v_0 \, \sin \phi , onde  \phi \, é o ángulo da velocidade inicial respecto á horizontal.

Esquema dun tiro parabólico

Para a distancia máxima horizontal dun tiro parabólico, véxase alcance.

Para a altura máxima vertical dun tiro parabólico, véxase en altura.

Isto é unha aproximación matemática, nun obxecto real que se move na atmosfera, existe unha forza resistente de sentido contrario ao movemento e que depende da forma do obxecto e da velocidade (podese aproximar cunha función do cadrado de esta).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]