Thomas Lovell Beddoes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Thomas Lovell Beddoes, nado o 30 de xuño de 1803 e finado o 26 de xaneiro de 1849, foi un poeta e dramaturgo inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Clifton, Somerset, seu pai era o médico Thomas Beddoes, amigo de Samuel Taylor Coleridge e súa nai Anna, irmá de Maria Edgeworth. Educouse en Charterhouse e no Pembroke College, Oxford. A súa primeira publicación foi, en 1821 The Improvisatore, á que lle seguiu The Bride's Tragedy (1822), un drama en verso branco.

A obra de Beddoes mostra unha constante preocupación pola morte, en 1824 foi a Göttingen para estuar medicina coa esperanza de descubrir evidencias físicas de que o espírito humano sobrevivía á morte do corpo.[1] Expulsado marchou a Würzburg para rematar os seus estudos pero debido ó seu envolvemento con grupos radicais foi deportado a Baviera en 1833 e despois Zúric, onde se establecera en 1840. Durante uns anos levou unha vida itinerante por Europa, en 1846 volveu a Inglaterra pero de novo volveu marchar, residiu en Alemaña e acabou suicidándose en Basilea. O drama macabro Death's Jest Book publicouse en 1850 cun limiar do seu amigo, T. F. Kelsall. Os seus Collected Poems publicáronse en 1851.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Donner, 1950, pp. xxxvi-xxxvii.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Donner, H.W., ed. (1950). Plays and Poems of Thomas Lovell Beddoes. London: Routledge and Kegan Paul Ltd.
  • A Short Biographical Dictionary of English Literature

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]