Thomas Barlow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Thomas Barlow, nado en 1845 e finado en 1945, foi un médico inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun fabricante de algodón de Lancashire, estudou en Manchester e Londres. Gradouse en medicina en 1873 e logo de se doutorar en 1874 entrou no Great Ormond Street Hospital. Entre 1895 e 1907 foi profesor na University College London.

Foi médico real da raína Vitoria, a quen atendeu na súa morte, e tamén de Duarte VIII e Xurxo V.Describiu a que se denomina enfermidade de Barlow, un tipo de escorbuto infantil que afecta aos nenos alimentados artificialmente.