The Ideal Copy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Ideal Copy
Álbum de Wire
Publicadoabril de 1987
Gravaciónnovembro de 1986 - xaneiro de 1987
Estudio(s)Hansa Tonstudio, Berlín
Strongroom, Londres
Metropol, Berlín
Duración34:39
Xénero(s)post-punk, rock alternativo, dance alternativo, música electrónica
Selo(s)Mute Records, Enigma Records
Producido porGareth Jones
Cronoloxía
154
(1979)
The Ideal Copy A Bell Is a Cup
(1988)

The Ideal Copy é o cuarto álbum de estudio da banda inglesa de rock Wire, publicado en abril de 1987 a través do selo Mute Records. Trátase do seu primeiro disco tras o hiato do grupo entre 1980 e 1985. The Ideal Copy chegou ao número 87 da lista británica de álbums.[1]

Wire xa usara instrumentos electrónicos nos álbums Chairs Missing e 154, pero tras o seu hiato a banda abriuse aínda máis ao uso de secuenciadores, sintetizadores e caixas de ritmos. Isto fixo que os críticos musicais comparasen The Ideal Copy con grupos como New Order.[2][3] O crítico Kirk Fillmore, comparou ademais o son do baixo do sinxelo "Ahead" co de Peter Hook, aínda que o baixista Graham Lewis tocara así xa en anteriores discos do grupo.[4] De feito, o xornalista Richard Grabel sinalou que "New Order e calquera outra banda de guitarras e sintetizadores inspíranse ano Wire de finais dos 70", suxerindo que "as cousas pecharon o círculo".[5]

En maio de 1988 The Ideal Copy converteuse na primeira gravación de música popular en ser editada comercialmente en formato DAT.[6]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Wire

N.º Título Duración
1. "Point of Collapse"   3:18
2. "Ahead"   4:53
3. "Madman's Honey"   4:23
4. "Feed Me"   5:50
5. "Ambitious"   4:00
6. "Cheeking Tongues"   2:02
7. "Still Shows"   4:00
8. "Over Theirs"   5:18

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "WIRE | full Official Chart History | Official Charts Company". www.officialcharts.com. Consultado o 2020-01-26. 
  2. Davis, Michael. Creem. Setembro de 1987: 21
  3. "TrouserPress.com :: Wire". www.trouserpress.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 2020-01-26. 
  4. Fillmore, Kirk. Façade Xuño de 1987: 4
  5. Grabel, Richard. "Wire of the Tastiest Kind." Creem .Setembro de 1987: 31+
  6. Back in the Days of '88 (en inglés). SPIN Media LLC. 1988-12.