"The Centre of the Heart" é unha canción do dúo de popsuecoRoxette do seu álbum do ano 2001, Room Service. O sinxelo foi lanzado comercialmente unicamente en Europa, excepto no Reino Unido. Foi o terceiro número un en Suecia do grupo, posición onde se mantivo durante catro semanas. Tamén tivo un éxito relativo noutros países europeos.
A compañía discográfica EMI non quería lanzar The Centre Of The Heart como sinxelo principal, quería lanzar Milk and Toast and Honey como primeiro sinxelo, debido a que Roxette eran máis coñecidos polas súas baladas, cousa na que o dúo estaba en desacordo. Así que o final EMI non apoiou nin promocionou o álbum. Isto explica porque o álbum non o fixo tan ben como se esperaba.
A canción fora orixinalmente prantexada como o primeiro sinxelo do álbum Have a Nice Day do grupo, pero en última instancia converteuse nunha canción sen álbum. O 23 de febreiro de 2001, Roxette interpretou “The Centre Of The Heart” durante o descanso do Melodifestivalen Sueco dese ano. Lanzouse un CD de remesturas para promocionar o sinxelo, como cos sinxelos Wish I Could Fly e Stars