Tetraodontiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peixe lúa (Mola mola)

Os Tetraodontiformes son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii), tamén chamados Plectognathi. A maioría das especies son mariñas e distribúense ó redor dos arrecifes de coral tropicais, pero tamén inclúe algunhas especies de auga doce e estuarios.

Características[editar | editar a fonte]

As características morfolóxicas adoitan ser estrañas e diferentes das da maioría dos peixes. E así hai especies que teñen un corpo máis ou menos cadrado ou triangular (Ostraciidae), globular (Tetraodontidae) ou comprimido lateralmente (Monacanthidae). Son ostraciformes, o que significa que o seu corpo non é flexible e o seu movemento ondulatorio limítase á aleta caudal. Por este motivo, son de movementos lentos, baseados nas aletas pectorais e caudal para a propulsión. Na maioría das especies, tódalas aletas son sinxelas, pequenas e redondeadas.

O corpo está fortificado -como medida defensiva- mediante escamas modificadas transformadas en escudos, placas ou espiñas, estas ás veces retráctiles (Balistidae); ou cunha pel especialmente dura (como os Monacanthidae ou o peixe lúa). Outra estratexia defensiva, presente nos peixes globo e nos peixes ourizo, é a capacidade de inflar o cuerpo incrementando considerablemente o seu diámetro, para o que ademais succionan auga nun divertículo do estómago. Nalgúns casos (Tetraodontidae, Triodontidae e Diodontidae) acumulan nos seus órganos internos unha potente neurotoxina, denominada tetradontoxina.

Liña lateral presente ou ausente, e ás veces múltiple. Vexiga natatoria presente, excepto en Mólidos.

Os tetraodontiformes posúen esqueletos altamente modificados, faltando algúns ósos do cranio. Os ósos da mandíbula están modificados e fusionados nunha especie de "pico", con suturas que dividen os picos en "dentes". A este fenómeno alude o nome, que deriva do grego tetra, catro, e odous, dente. A forma e número destes "dentes" serve como criterio para a clasificación taxconómica: os Tetraodontidae posúen catro "dentes", os Triodontidae tres e os Diontidae dous.

As mandíbulas están dotadas de fortes músculos, e moitas especies contan tamén con dentes farínxeos, todo o cal permítelles comer invertebrados de caparazón duro, como crustáceos e moluscos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Por veces clasificáronse como unha suborde dos Perciformes.

Divídense en dúas subordes, con dez familias e aproximadamente unhas 360 especies:

Peixe porco

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tetraodontiformes
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tetraodontiformes