Tetragonisca angustula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tetragonisca angustula

Entrada dunha colonia de Tetragonisca angustula en Brasil.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Suborde: Apocrita
Superfamilia: Apoidea
Familia: Apidae
Subfamilia: Apinae
Tribo: Meliponini
Xénero: Tetragonisca
Especie: T. angustula
Nome binomial
Tetragonisca angustula
Illiger, 1806
Sinonimia

Trigona angustula

A abella Tetragonisca angustula é un insecto da familia Apidae, que se atopa desde México até o sur do Brasil, o nordeste da Arxentina, en boa parte do territorio de Paraguai e o leste de Bolivia. Estas abellas pertencen á tribo Meliponini: "abellas sen aguillón", que habitan áreas tropicais e subtropicais e son nativas do continente americano. Tetragonisca angustula vive en colmeas e produce un mel aproveitado con fins alimenticios e medicinais.

Descrición[editar | editar a fonte]

As obreiras miden de 4 a 5 mm de lonxitude; teñen cabeza e tórax negro brillante, corpo delgado, abdome amarelo; as tibias das patas posteriores posúen un canastro para o pole. As raíñas desenvolven moito o abdome debido á activación dos ovarios. Os machos non teñen canastra e presentan liñas ou manchas amarelas no rostro.[1]

Colonia de Tetragonisca angustula en Pespire, Honduras.

Ciclo[editar | editar a fonte]

O ovo dura até 6 días, a larva 10 e a pupa 20, de xeito que desde a posta do ovo até a saída da abella, pasan 36 días.[1]

Colmea[editar | editar a fonte]

Multiplícase por enxames. Nidifica en cavidades de troncos de árbores ou plantas do xénero Guadua ou en muros. A entrada do niño é un tubo, construído con cera mol, a súa parede é fina e posúe pequenos furados. Cada colonia ten de 2.000 a 5.000 abellas.

Uso[editar | editar a fonte]

O seu mel é moi apreciado para a alimentación e atribúenselle propiedades medicinais. Comprobouse que o seu mel contén substancias antibióticas, pero o seu uso débese facer con vixilancia médica. É chamada "abella anxo" porque non pica e polo seu delicioso mel.[1]

Desde 2019, o Código Alimentario Arxentino incluíu (xunto á xa recoñecida Apis mellifera) á comunmente coñecida na Arxentina como "yateí, rubita ou mestizo", como produtora de mel para o consumo humano. A diferenza do mel de Apis, coñecido e consumido maiormente pola poboación, os meles de yateí teñen maior porcentaxe de humidade e son fermentados naturalmente por microorganismos polo que son máis acedos, isto confírelle propiedades organolépticas particulares.[2] Ademais, ten a vantaxe de que ao seren nativos da rexión axuda á conservación do medio ambiente. O mel destas abellas é usado como medicamento e como alimento tanto por indíxenas como por descendentes de inmigrantes.[3]

Nomes comúns[editar | editar a fonte]

En Honduras coñécese co nome de gimero ou abeja angel, en Costa Rica coñécese como mariolas e o mel utilízase para tratar problemas da vista.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]