Terremoto do eixo cafeteiro de 1999
Coordenadas: 4°27′40″N 75°43′26″O / 4.461, -75.724
O terremoto do eixo cafeteiro de 1999 foi un sismo que afectou enormemente os departamentos de Quindío e Risaralda, en Colombia. O terremoto ocorreu o día luns, 25 de xaneiro de 1999 ás 13:19 (18:19:17 UTC) cunha magnitude de 6.2 na escala de Richter.[1] Foi o maior terremoto que golpeou Colombia en 16 anos.[2]
Causas[editar | editar a fonte]
Esta área ten un alto risco sísmico debido á tripla unión que ocorre na esquina da placa suramericana, onde as placas de Naza e Placa do Caribe converxen entre elas.
Réplicas[editar | editar a fonte]
Foron detectadas 14 réplicas do terremoto, a primeira ás 17:40 de magnitude 5,4 na escala de ritcher (MS). Outras réplicas que causaron pánico entre os habitantes ocorreron o día 29 de xaneiro ás 23:33 hora local, de magnitude 4,2 (MS) e o día 31 de xaneiro ás 03:03 hora local, de magnitude 3,5 (MS).
Reconto de vítimas fatais[editar | editar a fonte]
Como o desastre destruíu as principais estruturas de control e axuda na cidade de Armenia (o cuartel da policía colapsou inmediatamente, tamén a estación de bombeiros, a oficina de medicina legal e a defensa civil) non houbo medios para un axeitado informe nin un bo reconto de vítimas.
O terremoto inicial produciu unha cifra estimada de mortes de preto de 1 000 persoas. A primeira réplica do terremoto (17:40) produciu un indeterminado número de vítimas entre as persoas que tentaban remover os seus bens das estruturas semidestruídas. Os subsecuentes vándalos, roubos ás vítimas feridas, ataques ás tendas e casas, e pelexas por comida, auga e aloxamento incrementaron o número total de mortes a preto de 1 185.
Feridos[editar | editar a fonte]
As estruturas de moitos hospitais foron afectadas, e os recursos dispoñibles para o coidado da saúde foron insuficientes mesmo antes do evento. Ademais, a área tiña plans de reacción en caso de emerxencia limitados e pouca experiencia con triaxe. Como consecuencia, a atención das vítimas foi caótica. Preto de 4 000 persoas con varios graos de lesións.
Impacto económico[editar | editar a fonte]
A principal actividade económica da rexión, a industria do café de Colombia, foi altamente afectada. Preto de 8 000 leiras cafeteras foron completa ou parcialmente destruídas, tamén 13 000 estruturas de moitos tipos de empresas e industrias foron afectadas e estiveron fóra de servizo de maneira temporal ou permanente. Os bancos e as entidades financeiras non puideron entregar diñeiro por varias semanas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Terremoto en el eje cafetero". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2022.
- ↑ 1999: Colombia quake leaves hundreds dead BBC News
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
A Galipedia ten un portal sobre: Colombia |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- ARANGO, J. D. e QUINTERO, B. E. Dianóstico del Sismo del 25 de enero de 1999. In: Boletín de la Red Sismológica del Eje Cafetero. Vol.8 Manizales: 2000 46 – 53 p.
- BAKER, V. R. Regional Landforms Analysis. NASA, Red mundial, 2001.
- CARDONA, O. D. Lessons in Seismic Engineering and Disaster Prevention. Special
- Report. The Earthquake of Armenia, Colombia, 25 de xaneiro de 1999.
- Geohazards International. Red mundial, 5000.