Teresa Cameselle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeresa Cameselle

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Teresa Cameselle Rodríguez Editar o valor em Wikidata
7 de maio de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFerrol Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , novelista Editar o valor em Wikidata
Empregadorescritora Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioTeresa Cameselle Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

María Teresa Cameselle Rodríguez, nada en Mugardos en 1968,[1] é unha escritora galega en lingua castelá especializada en novela romántica e narrativa histórica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira coa participación en certames de relatos, cos que gañou algún galardón e a publicación en antoloxías. En 2008 foi finalista no Premio de Novela de La Voz de Galicia. Tamén en 2008 gañou o Premio Talismán de Novela Romántica coa súa primeira novela longa, La hija del cónsul, que se publicou o mesmo ano.

A súa relación profesional coa literatura tamén a levou a impartir obradoiro, organizar clubs de lectura e ser relatora en diversos congresos e eventos literarios. Tras doce novelas publicadas, en 2020 recibiu o Galardón Letras del Mediterráneo da deputación de Castelló pola súa traxectoria na novela romántica.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • La hija del cónsul (2008-2015) Harper Collins
  • No todo fue mentira (Espejismo - Inesperado - Coral) (2010) Editorial Planeta.
  • El mapa de tus sueños (2012)
  • No soy la Bella Durmiente (2014) Phoebe - Pamies
  • Quimera (2015) Ediciones B - Random House
  • La decisión de Blanca (2016) - Harper Collins
  • La pesadilla del sultán (2018) Harper Collins
  • El maestro de piano (2017) KDP
  • Como el viento de otoño (2019) Libros de Seda[3]
  • No me llames Cenicienta (2019) Terciopelo - Roca

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Talismán pola súa novela La hija del cónsul (2008)
  • Premio Dama pola súa novela No soy la Bella Durmiente (2014)
  • Premio Vergara pola súa novela Quimera (2015)[4]
  • Galardón Letras del Mediterráneo (2020)[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía y libros de Teresa Cameselle". librosderomantica.com. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  2. "Los Galardonados Letras del Mediterraneo 2020". letradelmediterraneo.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2020. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  3. "Acto de la autora Teresa Cameselle en la librería Day". La Voz de Galicia. 1 de marzo de 2019. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  4. "Resultado del V Certamen de novela romántica Vergara". rnovelaromantica.com. 25 de novembro de 2014. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  5. "La Diputación de Castellón anuncia en Fitur que Nacho Abad, Carlos Fidalgo, Teresa Cameselle y Graziella Moreno son los galardonados de Letras del Mediterráneo 2020". elperiodic.com. 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 7 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]