Saltar ao contido

Teresa Pedrosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeresa Pedrosa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1964 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata

Teresa Pedrosa Silva, nada en Pontevedra o 28 de decembro de 1964, é unha política galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi inspectora da Inspección de Traballo e Seguridade Social entre 1991 e 1995 e entre 2002 e 2003. Entre 1992 e 1994 foi xefa do equipo de inspección no Campo de Xibraltar. De 1997 a 2002 foi presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais. Amais, dirixiu a Revista Galega de Dereito Social.

Política

[editar | editar a fonte]

Como política, pertence ao Partido Popular de Galicia, sendo presidenta local de Pontevedra entre 2004 e 2007. Foi cabeza de lista ás eleccións municipais de 2003 en Pontevedra, no que a súa formación conseguiu ser a segunda forza máis votada. Entre 2007 e 2011 foi concelleira polo PPdeG no concello de Pontevedra, logo de ocupar o número dous da lista encabezada por Telmo Martín González.

Foi deputada provincial, vicepresidenta da Deputación Provincial de Pontevedra entre 2003 e 2011 e presidenta executiva do Museo de Pontevedra entre 2003 e 2010. Foi nomeada conselleira da asemblea de Caixa Galicia polo concello de Pontevedra.

En febreiro de 2012 foi designada Delegada Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo.[1]