Tereixa Constenla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTereixa Constenla
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Arca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Tereixa Constenla Fontenla, nada en Arca (A Estrada) en 1968, é unha xornalista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa traxectoria profesional en 1990 no diario granadino Ideal, na delegación de Almería. Despois pasou a El País, primeiro na sección social da delegación de Andalucía e desde 2008 na sección de Cultura a nivel estatal e redactora de Babelia; correspondente do xornal El País en Lisboa dende xullo de 2021.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Castelán[editar | editar a fonte]

  • Cuaderno de urgencias (2021). Siruela Nuevos Tiempos. 212 páxs. ISBN 978-84-18859-14-4 . Un libro autobiográfico escrito tras o falecemento da súa parellaÁlex Bolaños.

Galego[editar | editar a fonte]

  • Abril é un país. Os heroísmos descoñecidos da revolución dos caraveis (2024). Kalandraka, Ágora K. 360 páxs. ISBN 978-8419213525.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Meridiana do Instituto Andaluz de la Mujer (IAM)
  • Premio "José de Juan" de periodismo 2013 convocado pola Deputación de Guadalajara polo artigo "La biblioteca que resiste" (El País, 14 de outubro de 2012)[2]
  • XXXI Premio Unicaja de Artículos Periodísticos polo artigo “Leer era cosa de hombres” (El País, 10 de marzo de 2013)[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 2018[4] co tamén xornalista Alejandro Bolaños, do que enviuvou a mediados dese ano. Padeceu un cancro de mama.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kalandraka - Libros para soñar TEREIXA CONSTENLA PRESENTA "ABRIL É UN PAÍS" EN COMPOSTELA". kalandraka.com. Consultado o 2024-04-27. 
  2. "Tereixa Constenla, premio de Periodismo 2013 de la Diputación", Castilla-La Mancha 24 horas, 2 de decembro de 2013 (en castelán).
  3. "Tereixa Constenla, de la AP-APAL, gana el XXXI Premio Unicaja de Artículos Periodísticos", Guillermo Busutil, páxina web do Colegio de Periodistas de Andalucía en Almería, 9 de outubro de 2014 (en castelán).
  4. 4,0 4,1 Constenla, Tereixa (31/8/2018). "Muere Alejandro Bolaños Correa, el hombre que nos hizo mejores". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 1/9/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]