Teodomiro dos Ostrogodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Teodomiro (rei ostrogodo)»)
Infotaula de personaTeodomiro dos Ostrogodos
Nome orixinal(got) Þiudamers Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Pannonia, Roma Antiga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte474 Editar o valor em Wikidata
Cirro, Grecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei dos ostrogodos
470 – 475
← ValamiroTeodorico o Grande → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaAmalos Editar o valor em Wikidata
CónxuxeErelieva
FillosTeodorico o Grande, Amalafrida, Teodimundo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiVandalario Editar o valor em Wikidata
IrmánsValamiro e Videmiro Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Ostrogoths-36

Teodomiro (en latín: Theodemir) ou Tiudimiro (Thiudimir) nado en data descoñecida e finado no 474, foi o primeiro rei ostrogodo da dinastía dos Amalos, e pai de Teodorico o Grande.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xordanes, no seu libro De origine actibusque Getarum, indica que foi fillo e sucesor de Vandalarius [1] e que casou con Ereleuva, con quen tivo dous fillos: Teodorico e Amalafrida. Teodomiro era ariano mais a súa esposa, Ereluva, era católica e tomou o nome romano de Eusebia no seu bautismo.[2]

Vasalo de Atila[editar | editar a fonte]

Gobernaba conxuntamente cos seus dous irmáns, Valamiro e Videmiro. Como vasalo de Atila, participou nas conquistas levadas a cabo por el das terras romanas no Danubio e tamén participou, do seu lado, na batalla dos Campos Cataláunicos fronte a unha coalición de romanos, comandados polo xeneral Flavio Aecio, visigodos, dirixidos por Teodorico I, e outros pobos xermánicos como xépidos, alanos e francos. Ao perder Atila, nesta batalla a súa imbatibilidade, algúns dos seus vasalos, como os ostrogodos, decidiron rebelarse.

Tras a morte de Atila, e a conseguinte guerra civil entre os seus fillos, Teodomiro mantivo a rebelión conseguindo, en coalición cos xépidos, definitivamente, durante o inverno de 454, na Batalla de Nedao, a vitoria sobre os hunos que xa comezaban a se desintegrar.[3]

Reino en Panonia[editar | editar a fonte]

Daquela, os godos do seu irmán Valamiro foron establecidos polo emperador Marciano en Panonia entre Sirmio e Vindobona entre 456 e comezos de 457.[4] Valamiro compartiu o poder cos seus irmáns Videmiro e Teodomiro, organizando o reino ostrogodo de Panonia en tres distritos, pero Valamiro era o que tiña o título de rei.​ Ao morrer Valamiro (468/469), a súa parte do territorio no reino recibiuna o seu sobriño Teodorico, e o seu irmán Teodomiro converteuse en rei.[5]

Tras a guerra contra hérulos, xépidos e esciros polo control da Panonia, no 473, os ostrogodos buscando mellores oportunidades no imperio romano dividíronse. Videmiro dirixiuse cunha porción dos ostrogodos cara a Italia, pero foi derrotado e o emperador Glicerio ubicouno na Galia xunto cos seus parentes os visigodos. Pola súa parte, Teodomiro quedou como único rei dos ostrogodos de Panonia.

Pouco despois, co apoio imperial, desprazouse a través dos Balcáns cara a Tracia, requiridos polo emperador, pois un xeneral ostrogodo, Teodorico Estabón, rebelárase e proclamárase rei,[6] polo que ameazaba a posición rexia de Teodomiro e de seu fillo Teodorico.[7] No 474, os ostrogodos de Teodomiro establecéronse na rexión de Macedonia, e Teodomiro conviertiu a Kyrros no centro do seu novo reino federado do Imperio. Nesta cidade designou a seu fillo Teodorico como sucesor e morreu pouco despois, ese mesmo ano.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Geary 2010, p. 102.
  2. Kaylor & Phillips 2012, p. 10.
  3. Wolfram 1990, p. 258.
  4. Wolfram 1990, p. 260-261.
  5. Wolfram 1990, p. 267.
  6. Wolfram 1990, p. 268.
  7. Wolfram 1990, p. 269.
  8. Wolfram 1990, p. 269-270.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]