Tehuacán
Tehuacán (do náhuatl "teo" = Deus, "hua" = posesivo, "can" = lugar, é dicir "lugar de deuses") é unha cidade localizada ao sureste do Estado mexicano de Puebla, a 130 quilómetros da Cidade de Puebla, a 257 quilómetros da Cidade de México e a 321 quilómetros da Cidade de Oaxaca. Ten unha altitude de 1.676 m; o seu clima é semicálido y semiseco. Conta cunha poboación (segundo estimacións de 2002) de 331.526 habitantes, que se dividen fundamentalmente en tres grupos étnicos: Náhuatl, Ngiwa (popoloca), Ha shuta enima (mazateco) e Ñuu Siva (mixteco).
Relixión [editar]
Predomina o cristianismo, conformado principalmente pola Igrexa católica, e por dúas Igrexas minoritarias: a protestante e a mormona. Tamén ao respecto da arquitectura, a relixión ten deixado unha pegada significativa. Así, Tehuacán posúe gran cantidade de monumentos espallados por toda a cidade, sendo os tres máis importantes a Catedral, a Igrexa do Carmen e o Ex-Convento de San Francisco.
Ligazóns externas [editar]
- Tehuacán municipal government Enderezo Web Oficial
- Tehuacán, Puebla Information Información sobre Tehuacán, Puebla.
