Teatro Negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Teatro Negro (en checo: černé divadlo)[1] é un tipo de representación escénica caracterizada polo uso dun escenario na escuridade ou cunha iluminación estratéxica para facer un xogo de luz e sombras. A pesar de que o formato está diseminado por todo o mundo, é predominante en Praga (República Checa) onde é considerado unha auténtica manifestación, existindo na capital bohemia nove compañías en actividade.

Formato[editar | editar a fonte]

Distínguese doutros tipos de representación teatral co uso de cortinas negras, un escenario escuro, lanternas negras e traxes fosforescentes. A técnica denominada "caixa negra" foi desenvolvida por Georges Méliès e polo innovador Constantin Stanislavski. A danza, as representacións mímicas e as acrobacias teñen, así como os demais recursos, unha importancia recoñecida dentro do Teatro Negro.

Historia[editar | editar a fonte]

Unha técnica anterior xurdiu na China e estendeuse cara o Xapón no século XVIII,[1] onde un boneco teatral, o Bunraku, era utilizado. O moderno teatro negro xurdiría con George Lafaille, que abertamente se denomina "o pai do teatro de luz negra".

Un formato cunha nova linguaxe e cores, co uso da luz ultravioleta,[2][1] xurdiu en Praga durante o réxime ditatorial como forma de expresar opinións e ideas, especialmente nun contexto totalitario en que era necesario usar a creatividade contra a represión. O escenario escuro e o espectáculo mudo serían referencias ao réxime.

A primeira compañía teatral, o Teatro Negro de Praga, xurdiu en 1961 co director artístico Frantisek Kratochvíl e Jiri Smec, introdutor de elementos innovadores no antigo teatro chinés. O teatro Image dende o ano 1990 acadou éxito non só no escenario de Praga senón tamén o exterior. Segue buscando novas formas de expresión tratando de superar os límites da tecnoloxía do teatro negro, baile contemporáneo, pantomima e deseños de vestimenta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Wow Show Prague. History of The Black Light Theater, acceso en 5 de xuño de 2010
  2. Guia de Praga. Cultura em Praga

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]