Bunraku
|
||
|
|
||
![]() |
||
| Inscrición: | 2008 | |
| País: | ||
| Localización: | Asia | |
| Rexión: | Non dispoñible | |
| Tipo: | Non dispoñible | |
| Criterios: | [[Criterios de selección do Patrimonio Mundial|]] | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
O Bunraku (文楽?) é o nome xenérico polo que é coñecido o teatro de marionetas xaponés Ningyō jōruri (人形浄瑠璃?) (marionetas e historias contadas). Caracterízase pola unión de tres artes escénicas distintas, as marionetas (ningyō), a recitación (jōruri) a cargo do recitador (tayū) e a música do shamisen.
O teatro de marionetas Ningyo Johruri Bunraku foi proclamado no 2003 e inscrito no 2008 na Lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da Unesco.[1]
Orixes [editar]
A orixe das marionetas no Xapón non se coñece con exactitude, mais a maior parte dos estudosos coinciden que as marionetas participaban en antigos rituais relixiosos servindo como vehículo para facer chegar pregarias ós deuses, ou ben, o manipulador actuando como médium era posuído por un deus. Este tipo de uso aínda hoxe é frecuente en zonas rurais, no que a marioneta serve para protexer ós nenos de enfermidades. As figuras humanas representadas como bonecos ou marionetas, independentemente de se teñen movemento ou non, reciben en xaponés o nome de ningyō (人形), cuxo significado literal é “figura humana”.
Clasificación das marionetas [editar]
As marionetas clasifícanse seguindo diferentes criterios, un deles é polo número de manipuladores necesarios para operar con ela. Os papeis máis importantes necesitan de tres persoas, mentres que para os papeis secundarios un só operador abonda para o seu manexo.
Outra das divisións, en xeneral a máis común, é segundo o tipo de cabeza da marioneta e distingue entre personaxes femininos e masculinos, e pola idade, clase social, personalidade e papel na obra. Entre os personaxes principais máis representados están:
- danshichi ({{{2}}}?) Carácter forte.
- kenbishi ({{{2}}}?) Oficiais.
- komei ({{{2}}}?) Heroe.
- wakaotoko ({{{2}}}?) Mozo adolescente e guapo.
- fukeoyama ({{{2}}}?) Madrastra.
- okusan ({{{2}}}?) Esposa, irmá e vella.
Notas [editar]
- ↑ "El teatro de marionetas Ningyo Johruri Bunraku". http://www.unesco.org/culture/ich/index.php?pg=00011&RL=00064. Consultado o 19-08-2010.
