Georges Méliès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Georges Méliès cara 1890.

Georges Méliès, nado Marie Georges Jean Méliès o 8 de decembro de 1861 en París e finado o 21 de xaneiro de 1938, é un realizador de películas francesas. É coñecido polos desenvolvementos que achegou ás técnicas do cine, esencialmente dos argumentos e das falsificacións. É considerado como o pai dos efectos especiais, o primeiro realizador, o creador do primeiro estudo de cine en Francia así como un dos primeiros iniciadores do cine de diversión. O filme Le Voyage dans la Lune (1902) é a primeira película a ser clasificada no Patrimonio Mundial da UNESCO o 30 de maio do 2002.

Biografía[editar | editar a fonte]

Georges Méliès naceu en París nunha familia de fabricantes de zapatos de luxo. Despois dos estudios secundarios quere ser pintor, traballa un tempo na empresa do seu pai Jean Louis Stanisla Méliès (decátase alí sobre todo do oficio de mecánico que lle será moi útil a continuación na súa carreira). O seu pai mándao a Londres en Inglaterra en 1883 para perfeccionar alí o seu inglés.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georges Méliès