Tasilón I de Baviera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTasilón I de Baviera
Biografía
Nacemento560 Editar o valor em Wikidata
Morte609 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Duque de Baviera
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Axilolfinga Editar o valor em Wikidata
FillosGaribaldo II de Baviera Editar o valor em Wikidata
PaisGaribaldo I de Baviera Editar o valor em Wikidata  e Waldrada Editar o valor em Wikidata
IrmánsTeodelinda de Baviera e Gundoaldo Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Agilolfing-13

Tasilón de Baviera, nado en 560 e finado en 610,[1] foi o segundo duque de Baviera desde o 591 até a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tasilón era membro da familia dos axilolfingos, probabelmente fillo de Garibaldo, primeiro duque de Baviera, e de Waldrada, filla de Wacho, o oitavo rei longobardo da Lombardía.

Non se sabe a ciencia certa a relación entre Tasilón e Garibaldo, sábese soamente que seguramente non eran pai e fillo, porén tiñan unha estreita relación familiar. Ningún documento dá o nome do pai de Taslón I, pero como é pai de Garibaldo II e sucedeu a Garibaldo I, que tivo outros fillos, considérase que Tasilón I era o fillo máis vello de Garibaldo I.[2]

Pouco se sabe deste duque. Paulo Diácono, na súa Historia Langobardorum só o menciona dúas veces, en 591, cando Childeberto II, rei dos Francos de Austrasia ao final da guerra contra os francos, o entronizou como rei de Baviera, e no 609, ano da súa morte, asasinado polos eslavos que invadiran Baviera.[1][2]

A guerra entre francos e bávaros comezara co predecesor de Tasilón, o seu suposto pai Garibaldo, cando Childeberto non aceptou concertar certos matrimonios políticos para manter a paz.

O feito de que Childeberto nomeara a Tasilón rei, demostra que o control de Baviera estaba en manos dos francos desde o século VI.

Paulo Diácono narra ademais que Tasilón espandeu rapidamente o seu territorio cara a terras eslavas.

Tasilón morreu o ano 610 e foi sucedido polo seu fillo Garibaldo II.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Dunha esposa descoñecida, tivo un fillo, Garibaldo II (falecido en 640), que o sucedeu.[1]

Predecesor:
Garibaldo I
Duque de Baviera
591610
Sucesor:
Garibaldo II

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Christian Settipani (1989): Les Ancêtres de Charlemagne París: Editions Christian. ISBN 2-9064-8328-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]