Legato
Aparencia
(Redirección desde «Ligado»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Na notación musical, o legato (termo do italiano que significa "ligado", "unido") indica a unión de dúas ou máis notas musicais. Poden distinguirse dous tipos principais de ligados:
- Ligados de notas iguais: o efecto é incrementar o valor (duración) das figuras, sendo esta duración a suma das duracións das notas ligadas.
- Ligados de notas distintas: Indica que as notas ligadas deberán executarse como se fosen unha soa (aínda mantendo cada unha a duración correspondente á súa figura), para o que deberán utilizarse as técnicas apropiadas segundo o instrumento (arrastre, tensado, martilleo etc.).
O ligado escríbese cunha liña curva entre as dúas notas ligadas (denominada ligadura), ou ben cunha liña curva enriba ou debaixo das notas ligadas. Neste caso, é costume agrupar antes as notas ligadas para que formen unha soa figura.