Suspensorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suspensorio: Vista anterior, lateral e posterior

Un suspensorio (ou suspensor) é un tipo de calzón deseñado para protexer os xenitais masculinos durante unha actividade vigorosa ou deportiva.

Características[editar | editar a fonte]

Un suspensorio típico consiste nunha banda elastizada na cintura cunha bolsa de soporte onde poñer os xenitais e dúas tiras, que van desde a base da bolsa unha cara ao lado esquerdo e a outra ao dereito. Nalgunhas variantes do suspensor, a bolsa pode ter un lugar onde poñer unha coquilla para protexer os testículos e/ou o pene.

O seu nome en inglés é jockstrap (en referencia á súa orixe deportiva e ás tiras laterais que o caracterizan). A orixe desta peza atópase na indumentaria deportiva, a súa misión principal é manter suxeitos os xenitais para favorecer a comodidade no movemento nalgúns deportes.

Tipos de suspensor[editar | editar a fonte]

De bancha ancha con coquilla[editar | editar a fonte]

Especialmente usados por xogadores de baseball e rugby, ademais na maioría dos deportes que implican un golpe nos testículos.

De bancha ancha sen coquilla[editar | editar a fonte]

É o máis comunmente usado en ximnasio e diariamente. Principalmente por loitadores, xogadores de fútbol americano, ciclistas e nas artes marciais.

Uso do suspensor[editar | editar a fonte]

O seu uso é recomendado para calquera actividade física vigorosa nas cales corra risco o aparto xenital masculino, como unha escordadura ou un golpe. Benefícianse con el os deportistas (baseball, fútbol americano, artes marciais, ciclismo e rugby) ou quen fagan actividades que demanden esforzo como obreiros da construción, policías ou leñadores.

Tamén ten un uso medicinal, naqueles homes con hidrocele, varicocele, hematocele, ou espermatocele.

Debido á súa comodidade e lixeireza é que tamén algúns homes úsano por confort.

Como o escroto está separado da coxa, usar un suspensorio prevén o rozamento do escroto e reduce o impacto testicular. Os suspensores conservan menos humidade que as roupas de algodón e polo tanto son máis frescos e menos propensos a cultivar fungos nas rexións húmidas e quentes do órgano reprodutor masculino.

Na actualidade, o suspensorio é unha peza con menor demanda que outras como o tanga, pero que comeza a gañar mercado dentro das pezas de lencería masculina de uso común.

Como usalo[editar | editar a fonte]

Ponse como un slip e levántallo ata facer que a banda elástica chegue á altura da cintura e a bolsa levante os xenitais tanto como sexa confortable.

A algúns homes gústalles poñer o seu pene fláccido apuntando directamente cara a arriba, outros cara á esquerda ou dereita, e algúns directamente cara a abaixo, sobre o escroto. Esta última pode ser confortable se se usa coquilla.