Lencería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vendendo lencería
Bragas tipo culotte

Baixo o nome de lencería coñécense as tendencias eróticas fetichistas que apetecen á visión, tacto, deglución... deste tipo de pezas interiores e íntimas (sostenes, bragas, ligueiros, calzons, calcillas, tangas).

A súa principal función consiste en mostrar unha estética a persoa, tamén a hixiene, e a de conservar a calor. Ás veces, a función estética só queda en calidade de primaria, pero termina formando parte do fetichismo.

Este fetichismo pola lencería pode responder aos seguintes tipos:

  1. Pracer a través da observación, o tacto, etc. de pezas de lencería.
  2. Pracer a través da observación, o tacto, etc., de persoas comprando ou vestindo pezas de lencería. Dependendo da orientación sexual da persoa, preferiranse persoas dun mesmo sexo ou doutro.
  3. Pracer ao vestir un mesmo as pezas de lencería. Ao tratarse de homes que atopan pracer en vestir con roupas femininas, fálase de "travestismo fetichista".

No mundo erótico e pornográfico, a lencería é a característica propia do punto 2 antes sinalado, pensada para a diversión dos homes que gozan vendo señoras con roupas interiores. Cando se realiza unha procura de publicacións ou páxinas web, o máis frecuente é atopar imaxes de damas exhibindo os seus corpos vestindo atrevidas picardías, ligueiros e pezas similares.

En moitas ocasións o fetichismo polas pezas interiores inclínase cara a pezas que xa foron estreadas pola persoa amada, ou sexualmente atractiva. Coñecido é o caso de fetichismo por lencería sucia, como poden ser suxeitos capaces de ter un orgasmo cheirando bragas sucias por ouríñelos.

En países onde está prohibida a difusión de erotismo e pornografía polas leis ou costumes, xa sexa en forma de imaxes por exemplo, teñen moita fama os catálogos de lencería, que na maioría dos casos son "unhas tapadeiras" para presentar modelos en pouses provocativas e distintos graos de desnudez. Adoitan enviarse por correo, a cobro revertido, e de xeito discreto sen identificar o contido. Así, no caso de ser descuberto, sempre queda a escusa de que se trata dun catálogo pero non dunha revista evidentemente pornográfica.

Entre os homes homosexuais, a inclinación máis frecuente polas roupas interiores aparece baixo o nome de "underpants" (calzóns) ou algunha das súas especialidades "boxer" ou "tanga".

Moitas das pezas interiores deixa ver ou mostra de forma explícita máis do que cobre. Este é un dos seus principais encantos que ata pode levar á excitación coa soa observación.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]